Nesta semana (e pico) tiñades que procurar unha información nun libro da exposición e logo trasladala nun comentario, citando a fonte da que obtiverades estes datos.
Ten moita importancia citar as fontes das que se extraen imaxes, texto ou outro tipo de información. Debemos ser éticos e responsables, polo tanto recoñecer o labor e o traballo do autor/a. Nesta semana aprendistes a citar un libro ou monografía: primeiro citaredes o autor/a, a continuación o título da obra, seguidamente a editorial e o lugar no que se editou e, por último, o ano desta edición.