09/12/2015

Nais e pais de conto

O pasado mércores 2 de decembro visitou a biblioteca Ana, acompañada da súa filla Sara (alumna de 4º) e de Ana (alumna de 4º), para contarlle aos nenos/as de Educación Infantil o conto O paseo de Rosalía (Pat Hutchins). A continuación representaron unha historia de elaboración propia, titulada "A porta máxica", na que tiñamos que adiviñar quen se atopaba tras a porta.
No vídeo comprobaredes o ben que o pasaron todos/as.
Agradecemos a colaboración das familias nestas actividades, especialmente a Ana por ser a primeira neste curso que contribúe ao fomento da lectura en "Nais e pais de conto".
Moitas grazas, foi un contacontos moi divertido.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...