10 de xuño de 2018

As familias coñecen a radio

Algunhas familias, algún alumno e algunha mestra deron a súa opinión sobre o PDI Lendario.

6 de xuño de 2018

PDI LENDARIO PECHA AS SÚAS PORTAS!!!


É dificil ensinar o que pasou o 31 de maio no colexio só con imaxes pero ímolo intentar . Ese día acudiron o colexio as familias para ver o noso producto final de Lendario. Alí estaban  esperando os nenos de 6º para recibilas. Chegaron o colexio e escoitaron por megafonía algo que gravaramos no nosa RADIO da biblio CANOSA ONDA.


1º PARADA: MUNDO LENDARIO.
 Nesta parada os guías leron un pergamiño que ía ser o fío conductor de toda a exposición! Ademais de explicar a maqueta feita con plantas da zona, bonecos de plastilina... tamén nos falaron de todo o que se vía nese mundo.


 Se este pergamiño chega a vosas mans e porque eu xa estarei  presa. Son unha vingadora a que lle encomendaron unha tarefa para salvar a humanidade: cazar os cinco dragóns e resgardalos nun lugar seguro para que non os atope o malvado Thanos.  Eu intenteino e fracasei. Agora soamente vós podedes salvar a humanidade. Os dragóns transformáronse en pezas de crebacabezas e están ciscados polos distintos mundos de esta galaxia  chamada Colexio. O que tedes que facer e reconstruílo pero non é nada doado!! En cada mundo hai seres chamados nenos e nenas que son moi espelidos que vos farán preguntas sobre seres fantásticos  da mitoloxía, sobre os termos que empregaban, sobre o ceo no que vivían, sobre os heroes daquela epoca... Se acertades daranvos unha peza do dragón , cando visitedes todos os mundos  volveredes ao lugar de partida e alí intentaredes montar o crebacabezas. Se sodes realmente intelixentes seredes capaces de reconstruír o dragón para gardalo nunha Caixa e que non volvan a saír endexamais.


2º PARADA: A EIRA DAS MEIGAS.






Neste mundo os nenos e nenas de 3º falaron da nosa contorna  e en concreto, das lendas que arrodean ó Monte Neme. Coa axuda do google maps leváronnos por distintos lugares onde nos contaron historias da Pedra da Arca, dos dolmens...




3º PARADA: SERES MITOLÓXICOS.




Aquí, grazas os nenos de 4º, coñecemos moitos  seres mitolóxicos. Despois de facer unha pequena explicación , puidemos ver o visionado dun vídeo que os nenos fixeron con CROMA.

4º PARADA: A NOSA ODISEA

E non podía faltar no PDI Lendario a gran obra de Homero: a Odisea.  Con unha breve explicación e  cun vídeo realizado en croma adentrámosnos neste mundo da man dos nenos de 2ºB.







5º PARADA:VIAXANDO A TRAVÉS DAS CONSTELACIÓNS.



O ceo enconde moitos mitos e lendas e  isto sábeno moi ben o alumnado de 2º A que explicaron a través dunha presentación realizada en croma,  o significao das constelacións.



6º PARADA: GALICIA DE LENDA.

Cantas lendas esconde a nosa Galicia de meigas. A aula de 1º explicou algunha delas coa axuda do escornabot. As familias, da man  dos nenos, tiñan que levar o escornabot a lenda que contaran, pero elixindo o medio de transporte correcto.








7º PARADA: A INFLUENCIA DA MITOLOXÍA NA NOSA CULTURA.  
O corredor de 5º tiña preparada unha exposición para ensinarnos como a mitoloxía inflúe nos termos que utilizamos, na música, nas expresións... 





8º PARADA: MITHONOS. Os nenos e nenas de 6º sorprenderon cun museo dentro da aula onde nos explicaron as distintas mitoloxías do mundo. No chan, unha maqueta xigante, que simulaba a cidade de Mithonos, e onde se movían os escornabots.






9º PARADA: LÚA MÍTICA 
 Os  pequenos  do colexio  contáronos a lenda do Coello gravado na lúa axudados dunhas láminas ben bonitas.Tamén xogaron co escornabot e coas personaxes do mundo mitolóxico.






PARADA 10: CANOSA ONDA. Os visitantes máis atrevidos foron convidados a radio para dar a súa opinión. En breve colgarémolas na radio! 







PARADA 11: Despois de conseguir as pezas do dragón, que se realizaron coa impresora 3D, montouse o dragón.






E recordade a mensaxe deste último vídeo:
Aquí descansan os restos dos dragóns máxicos. Se co paso do tempo nos imos convertindo en seres sen imaxinación , nin creatividade. Ou se por calquera razón esquecemos a importancia de soñar, crear, pensar... debedes abrir esta caixa. GARDEMOS ESTES ANAQUIÑOS DE MAXIA, para cando as nosas mentes se esquezan de todo o que somos capaces.

A imaxinación é a mellor ferramenta para desenvolver a intelixencia.

Albert Einstein












Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...