28 de dec. de 2020

Boas festas!

  Na víspera de Nadal preparamos un festival e unha postal que abren as portas de novo o noso PDI AMAR O MAR 2.0.  Na biblioteca creativa para felicitar o Nadal elaboramos uns faros con luz led.



21 de dec. de 2020

FESTIVAL DE NADAL E MÁIS SORPRESAS !

Ola nenas e nenos!

O trimestre chega ao seu fin. Un trimestre cheo de novidades, de adaptacións as novas normas e de cambios . Tanto os mestres e mestras como Leoteca estamos moi orgullosos/as do voso traballo. Este ano non puidemos ir a ningún sitio a facer o noso tan querido Festival de Nadal. Pero a creatividade estivo presente como é de costume no noso alumnado e profesorado, e gracias a iso podemos ver todos xuntos/as dende as aulas o seguinte Festival de Nadal “Amar o mar 2.0.”

Estades todos e todas convidados a ver este festival .

Pero antes, podedes ver unha mensaxe que a ANPA deixounos esta mañá no cole de parte de 3 personas moi especiais , estades moi atentas e atentos...

FELICITACIÓN REIS MAGOS

Gustouvos esta sorpresa? Grazas á ANPA por facernos chegar esta mensaxe!

 E agora  agora poñédevos cómodos/as para ver o Festival “Amar o mar 2.0”

Vaia, vaia, que bonito o festival! Noraboa rapazada!

Por último, as mestras e mestres non podemos marchar de vacacións sen antes deixarvos unha mensaxe moi especial!


FELICITACIÓN

E agora si,  despedímosnos de vós ata o 8 de xaneiro do 2021!

BO NADAL E FELIZ ANI NOVO!




19 de dec. de 2020

RECOMENDACIÓNS DE NADAL.

 Agasalla lectura no Nadal .

Agasalla lectura



Contos desde a casa: últimos contos do 2:020.

 Este ano despedimos os contos desde a casa con estas entregas tan especiáis.

No seguinte enlace NATALIA DE 2º conta Un año que é un porquiño de PIM LAHHERS

UN AÑO QUE QUERÍA SER UN PORQUIÑO.


CARLA de 4ºA conta MAREA NEGRA



DYLAN DE 3º DE EP E DIEGO DE 4º A, contan El regalo del mar.


ADRIÁN DE 4º A contanos La jirafa Timotea






ALDARA de 5º de EP  sorpréndenos con O nariz de ouro de OQO.

https://youtu.be/j8gmAGvMj9s


E CALSIDA , A CURMÁ DE LEOTECA, CÓNTANOS PEQUENO AZUL PEQUENO AMARELO.
https://youtu.be/Hg9eJZFoX-c

GRAZAS rapazada e familias por facer posible está sección. No 2021 esperamos máis contos e historias !

Moi felices festas dende LEOTECA e recorda que a mellor aventura comeza cunha boa historia!



8 de dec. de 2020

Contos desde a casa: relatos tradicionais.-

 Esta semana, nesta sección, Aidán de 3 anos e Noelia de cuarto,  atrévense con estes contos tradicionais. Moitas grazas por participar.




Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...