21 de dec. de 2020

FESTIVAL DE NADAL E MÁIS SORPRESAS !

Ola nenas e nenos!

O trimestre chega ao seu fin. Un trimestre cheo de novidades, de adaptacións as novas normas e de cambios . Tanto os mestres e mestras como Leoteca estamos moi orgullosos/as do voso traballo. Este ano non puidemos ir a ningún sitio a facer o noso tan querido Festival de Nadal. Pero a creatividade estivo presente como é de costume no noso alumnado e profesorado, e gracias a iso podemos ver todos xuntos/as dende as aulas o seguinte Festival de Nadal “Amar o mar 2.0.”

Estades todos e todas convidados a ver este festival .

Pero antes, podedes ver unha mensaxe que a ANPA deixounos esta mañá no cole de parte de 3 personas moi especiais , estades moi atentas e atentos...

FELICITACIÓN REIS MAGOS

Gustouvos esta sorpresa? Grazas á ANPA por facernos chegar esta mensaxe!

 E agora  agora poñédevos cómodos/as para ver o Festival “Amar o mar 2.0”

Vaia, vaia, que bonito o festival! Noraboa rapazada!

Por último, as mestras e mestres non podemos marchar de vacacións sen antes deixarvos unha mensaxe moi especial!


FELICITACIÓN

E agora si,  despedímosnos de vós ata o 8 de xaneiro do 2021!

BO NADAL E FELIZ ANI NOVO!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...