A semana pasada o alumnado e 6º de EP puidero disfrutar dunha visita moi especial. Leoteca abriu as súas portas para levar a cabo unha actividade de prevención de lesións medulares por parte da asociación Íntegro, coa que xa compartimos diferentes vivencias en cursos anteriores.
Foi unha tarde moi interesante da man de Adolfo, presidente de Íntegro; Teresa socia e voluntaria e de Sandra,traballadora social da asociación.
Os nenos e nenas de 6º quixeron facerlles un pequeno agasallo de parte de Leoteca, un chaveiro con forma de elefante de cor azul feito coa impresora 3D e que representa o noso rincón da biblio "Feito con xeito".
Unha vez máis dende o CEIP Canosa-Rus queremos agradecer a Íntegro pola súa colaboración e estamos desexando compartir novas experiencias.
Se picades na seguinte imaxe podedes ler a nova que escribiron na páxina de Íntegro deste día.