Amosando publicacións coa etiqueta LENDARIO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LENDARIO. Amosar todas as publicacións

8 de dec. de 2018

LEOTECA ESTÁ DE CELEBRACIÓN

Dende o CEIP Canosa-Rus presentámonos a un “Concurso Nacional de Buenas prácticas en centros docentes educativos que impartan enseñanzas no universitarias del sistema educativo español correspondiente al año 2018” na categoría “ Desarrollo de Competencias de Lectoescritura , Audiovisuales y Alfabetizaciones Múltiples”.

Presentámonos co PDI Lendario que foi levado a cabo  dende a biblioteca o curso pasado e do que formaron parte todos/as os alumnos/as , profesorado e toda a comunidade educativa.

O 3 de decembro publicouse a Resolución e informáronnos de que quedamos premiados na nosa categoría. 

Queremos felicitar e dar as grazas a toda a Comunidade Educativa por facer que os nosos Proxectos saian adiante , e sobre todo queremos felicitar ao noso alumnado, xa que sen eles/as non poderíamos facer todo o que facemos.  Grazas e a seguir investigando!

Podedes ver no seguinte enlace a Resolución dos premios ( picade enriba das letras).



Ministerio de Educación y Formación Profesional / Ministerio de Cultura y Deporte

6 de xuño de 2018

PDI LENDARIO PECHA AS SÚAS PORTAS!!!


É dificil ensinar o que pasou o 31 de maio no colexio só con imaxes pero ímolo intentar . Ese día acudiron o colexio as familias para ver o noso producto final de Lendario. Alí estaban  esperando os nenos de 6º para recibilas. Chegaron o colexio e escoitaron por megafonía algo que gravaramos no nosa RADIO da biblio CANOSA ONDA.


1º PARADA: MUNDO LENDARIO.
 Nesta parada os guías leron un pergamiño que ía ser o fío conductor de toda a exposición! Ademais de explicar a maqueta feita con plantas da zona, bonecos de plastilina... tamén nos falaron de todo o que se vía nese mundo.


 Se este pergamiño chega a vosas mans e porque eu xa estarei  presa. Son unha vingadora a que lle encomendaron unha tarefa para salvar a humanidade: cazar os cinco dragóns e resgardalos nun lugar seguro para que non os atope o malvado Thanos.  Eu intenteino e fracasei. Agora soamente vós podedes salvar a humanidade. Os dragóns transformáronse en pezas de crebacabezas e están ciscados polos distintos mundos de esta galaxia  chamada Colexio. O que tedes que facer e reconstruílo pero non é nada doado!! En cada mundo hai seres chamados nenos e nenas que son moi espelidos que vos farán preguntas sobre seres fantásticos  da mitoloxía, sobre os termos que empregaban, sobre o ceo no que vivían, sobre os heroes daquela epoca... Se acertades daranvos unha peza do dragón , cando visitedes todos os mundos  volveredes ao lugar de partida e alí intentaredes montar o crebacabezas. Se sodes realmente intelixentes seredes capaces de reconstruír o dragón para gardalo nunha Caixa e que non volvan a saír endexamais.


2º PARADA: A EIRA DAS MEIGAS.






Neste mundo os nenos e nenas de 3º falaron da nosa contorna  e en concreto, das lendas que arrodean ó Monte Neme. Coa axuda do google maps leváronnos por distintos lugares onde nos contaron historias da Pedra da Arca, dos dolmens...




3º PARADA: SERES MITOLÓXICOS.




Aquí, grazas os nenos de 4º, coñecemos moitos  seres mitolóxicos. Despois de facer unha pequena explicación , puidemos ver o visionado dun vídeo que os nenos fixeron con CROMA.

4º PARADA: A NOSA ODISEA

E non podía faltar no PDI Lendario a gran obra de Homero: a Odisea.  Con unha breve explicación e  cun vídeo realizado en croma adentrámosnos neste mundo da man dos nenos de 2ºB.







5º PARADA:VIAXANDO A TRAVÉS DAS CONSTELACIÓNS.



O ceo enconde moitos mitos e lendas e  isto sábeno moi ben o alumnado de 2º A que explicaron a través dunha presentación realizada en croma,  o significao das constelacións.



6º PARADA: GALICIA DE LENDA.

Cantas lendas esconde a nosa Galicia de meigas. A aula de 1º explicou algunha delas coa axuda do escornabot. As familias, da man  dos nenos, tiñan que levar o escornabot a lenda que contaran, pero elixindo o medio de transporte correcto.








7º PARADA: A INFLUENCIA DA MITOLOXÍA NA NOSA CULTURA.  
O corredor de 5º tiña preparada unha exposición para ensinarnos como a mitoloxía inflúe nos termos que utilizamos, na música, nas expresións... 





8º PARADA: MITHONOS. Os nenos e nenas de 6º sorprenderon cun museo dentro da aula onde nos explicaron as distintas mitoloxías do mundo. No chan, unha maqueta xigante, que simulaba a cidade de Mithonos, e onde se movían os escornabots.






9º PARADA: LÚA MÍTICA 
 Os  pequenos  do colexio  contáronos a lenda do Coello gravado na lúa axudados dunhas láminas ben bonitas.Tamén xogaron co escornabot e coas personaxes do mundo mitolóxico.






PARADA 10: CANOSA ONDA. Os visitantes máis atrevidos foron convidados a radio para dar a súa opinión. En breve colgarémolas na radio! 







PARADA 11: Despois de conseguir as pezas do dragón, que se realizaron coa impresora 3D, montouse o dragón.






E recordade a mensaxe deste último vídeo:
Aquí descansan os restos dos dragóns máxicos. Se co paso do tempo nos imos convertindo en seres sen imaxinación , nin creatividade. Ou se por calquera razón esquecemos a importancia de soñar, crear, pensar... debedes abrir esta caixa. GARDEMOS ESTES ANAQUIÑOS DE MAXIA, para cando as nosas mentes se esquezan de todo o que somos capaces.

A imaxinación é a mellor ferramenta para desenvolver a intelixencia.

Albert Einstein












31 de maio de 2018

PRODUCTO FINAL LENDARIO



Hoxe mostrouse as familias o  traballo de todo un ano : o fantástico e o racional mesturouse. Abrimos as portas para mostrar LENDARIO. Grazas mestres, familias e sobre todo nenos e nenas! En breve subiremos os videos de todo.

25 de mar. de 2018

Vai de signos




Existen moitas lendas e mitos entorno as constelacións e os signos do zodiaco. Este ano estámolas a estudiar no PDI Lendario. Coa impresora 3 D realizamos , para cada neno, un colgante co seu signo de zodiaco.


O MEU SIGNO DO ZODIACO

23 de mar. de 2018

A galiña e os pitos




Cóntase que o día de San Xoán, antes de raiar o sol, anda unha galiña con pitos de arredor destas pedras.

Unha señora da zona comentou o seguinte: “ Para ir ao muíño eu tiña que pasar por estas pedras, e díxenlle a miña nai que o día de San Xoán,  ben cedo, me mandara á aceña  moer o millo,  para poder ver a galiña. Fun, pero non a vin”.
Esa galiña veu a biblioteca, e deixou ovos espallados. Menos mal que se atoparon todos. Ademais realizamos a galiña coa impresora 3D.

                                                          

22 de mar. de 2018

Saída de lenda pola contorna.


 A pedra da Arca, San Hadrián, O Monte Neme... son lugares que esconden  lendas verdadeiramente fascinantes. Despois de traballalas nas aulas, de localizalas e buscalas no google maps, de contar as lendas na radio... decidimos visitar eses lugares... e que sorpresa levamos!! Alí estaban as meigas coma se da véspera de San Xoán se tratase. Grazas meigas por estar alí!
Tamén lle debemos estar moi agradecidos  a Xan e Evaristo, verdadeiros expertos da zona, que fixeron de guías!


VIDEO SAÍDA POLA CONTORNA

16 de mar. de 2018

OS ESCORNABOTS NUN CONCURSO DA ONCE!

Os alumnos/as de 6º de primaria, na materia de valores sociais e cívicos participaron no 34 Concurso da ONCE: "Reinvetemos xunt@s unha escola para tod@s". O obxectivo era elaborar un cartel para traballar a inclusión na escola de todo o alumnado. Est@s sete alumn@s decidiron elaborar un taboeiro de escornabot a modo de cartel no que crearon un xogo con palabras relacionadas coa igualdade. A continuación podedes ver unha explicación de dúas das alumnas que formaron parte deste traballo. Dentro duns días o taboleiro estará dispoñible para xogar no recuncho de "Feito con xeito" da nosa Leoteca.Dentro duns días tamén colgaremos no noso canal de "Canosa Onda" uha entrevista ao alumnado participante . Esperamos que tod@s sigamos disfrutando moito cos escornabots.



9 de mar. de 2018

HÉRCULES DA LECTURA.






Leoteca colocou na biblioteca unha caixa moi especial que se les moitos contos unha boa recompensa terás. Hoxe  agasallou a unha nena coa medalla que levaba Hércules ao nacer e que lle regalou o mismísimo Zeus! Lucía levou a medalla por ser unha Hércules da lectura.

UN HÉRCULES DA LECTURA

20 de feb. de 2018

ENTROIDO LENDARIO!

Boas a tod@s!
A continuación podedes ver un vídeo con algunhas das imaxes da xornada do entroido Lendario. Gustaríanos agradecer ás familias a súa colaboración coa elaboración dos produtos típicos e polos disfraces tan orixinais que lles fixeron ou mercaron a@s nen@s relacionados coa temática do PDI Lendario. Aínda que o tempo non acompañou foi unha xornada moi entretida. Noraboa e a seguir espertando a vosa imaxinación!


2 de feb. de 2018

Escalibur






Escalibur é sen dúbida a espada máis famosa do mundo. Tivemos a sorte de que na biblioteca se impremise unha coa impresora 3D!!! Despois de traballar a lenda do rei Arturo, os nenos personalizaron a espada escribindo os nomes dos protagonistas da lenda!Buscaron a información en enciclopedias e libros xa que ese día non había internet no cole! Agora todos os días un neno levará a espada xunto co libro para ler na casa.

29 de xan. de 2018

NEGROS E BRANCOS



E como vai de lendas, que mellor forma de conmemorar o Día da paz que traballando lendas que traten esta temática? A lectura do libro de  Negros e brancos de  MCKEE, DAVID lévanos a reflexionar sobre este aspecto.  De aí o mural que decora a entrada que se realizou organizando distintos obradoiros no recreo. Neses obradoiros elaboraron o mural, escribiron palabras de Paz na mesa de luz e no lego de parede e construíron pombas de paz co tamgram e coa impresora 3D.  As pombas que realizamos coa impresora foron decoradas polos nenos con verbas de paz e fíxose un colgante que se lle puxo o cabalo de Troia que temos na entrada do colexio para que leve consigo sempre as palabras de Paz.   Para finalizar o día 30 proxectarase o video do conto que estivemos a traballar. 

 Lembrade o que dixo GANDHI: "Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño"

VIDEO ELEFANTES NEGROS E BRANCOS

OBRADOIROS DE PAZ

18 de dec. de 2017

Festival " As mil e unha lendas"

Como xa sabedes dende Leoteca estamos levando a cabo o PDI LENDARIO. Por este motivo este ano o noso festival de Nadal está relacionado con contos, lendas, mitos, a nosa cultura e outras temáticas. O festival será o próximo xoves no IES Alfrado Brañas de Carballo, ás 10:00h da mañá. Os nenos/as virán ao colexio de forma normal ás 9:30h e sairan do colexio ás 12:30 horas. Este día xa non hai comedor escolar xa que a xornada será reducida.
Estades todos convidados/as a asistir a ver aos vosos fillos/as. Debedes ser puntuais xa que o
espectáculo comeza ás 10:00h da mañá. Dende o cole gustaríanos darlles as gracias á dirección e conxersería do IES Alfredo Brañas por cedernos o seu salón de actos.Esperamos que vos guste moito todo o que os vosos fillos/as prepararon con ilusión. 
Leoteca deséxavos moi felices festas e que saibades  que está desexando abrir as súas portas para a volta das vacacións!
E a continuación podedes ver a invitación que redactaron oa alumnos/as de 6º de EP. Ata o xoves!



3 de nov. de 2017

O PDI LENDARIO chega ao comedor do cole!

A partir do mes de outubro cada día de fin de mes teremos un menú especial relacioado con lugares de lenda. Nesta ocasión aprendimos cousas sobre a lenda do monstro do Lago Ness, de Escocia. 

Por este motivo disfrutamos  dun menú especial  típico de Escocia. Tamén o profe Alberto tocou agaita escocesa e un alumno, Hugo, trouxo información sobre esta lenda e a expuso polo micrófono para todos os compañeiros/as no comedor . Neste vídeo podedes disfrutar dos mellores momentos.


Queremos agradecer as nosas cociñeiras por formar parte do PDI LENDARIO coas súas receitas tan especiais.
                                    Coulibiac                                   Año á escocesa

                                                        Galletas de manteiga

E para este mes de novembro todos a investigar a lenda de Breogán! Que menú teremos a final de mes? 

RADIO NO CEIP CANOSA-RUS: XVII Concurso Escolar de Teatro Lido "Xosé Manuel Eirís"

O noso alumnado na radio...
Alumnos/as de 2º a 6º de educación primaria do CEIP Canosa-Rus participaron na XVII Concurso Escolar de Teatro lido "Xosé Manuel Eirís". Fixérono todos  moi ben e estamos de noraboa xa que os nenos e nenas de 2º de EP " Teatrús"  chegaron á final na súa categoría coa obra " Buscando superheroes".

concurso
Por esta participación o  Concello de Carballo e a Asociación Cultural Telón e Aparte organizadora do Festival Internacional Outono de Teatro, comprácese de convidarnos  xunto a todas/os as/os nenas/os participantes, que este ano foron arredor de 275, ao acto da Final  que terá lugar este domingo 5 de novembro ás 18.00 horas  no auditorio do Pazo da Cultura do Concello de Carballo.

Na final os grupos seleccionados volverán a interpretar os seus fragmentos teatrais e tras unha nova deliberación do xurado, realizarase a entrega de premios aos gañadores. A continuación terá lugar unha chocolatada para todos os participantes que ademais recibirán un diploma .

Moita sorte e lembrade que o importante é participar!

E tamén houbo unha carta en reivindicación por unha  Galicia verde...

Aproveitando a visita á Radio Voz, os nenos e nenas de 2º A quixeron dar a súa opinión do tema dos incendios en Galicia a través dunha carta. Leron esta carta e foi emitida pola Radio e tamén foi publicada no xornal. Grazas a estes alumnos/as por unhas palabras tan sinceras e cheas de razón e sentimento.

No hay texto alternativo automático disponible.

19 de out. de 2017

Comezamos a investigar!

Hoxe os alumnos /as de 4º e 6º de EP fixeron unha saída moi especial a Carballo. Estes grupos teñen a materia de "Aprender a investigar" e as súas primeiras sesións están enfocadas a aprender como se organiza  Leoteca e tamén como se organizan outras bibliotecas públicas da contorna.

Por este motivo visitaron a biblioteca Rego da Balsa de Carballo. Alí puideron comprobar como se organizan os libros neste lugar, as seccións coas que contan ,os medios técnicos dispoñibles, a duración  dos préstamos... e lles explicaron como acceder a búsqueda de información. A través dun xogo por grupos puidemos comprobar o ben que entenderon como se investiga nos libros desta biblio e comparalo coa nosa Leoteca. Moitas grazas as traballadoras da biblioteca por atendernos tan ben!

Aproveitamos esta saída para levar a cabo unha visita guiada "Derrumbando muros con pintura" por algunhas das pinturas murais de Carballo. Esta visita foi levada a cabo por Patricia Mañana, técnica de turismo do concello de Carballo e Cristina Castro, artista carballesa que participou en Derrumbando muros con pintura. Algunhas destas obras  están relacionados con seres fantásticos e mitolóxicos: mouras, dragón, bosques, etc. e aproveitamos para relacionalo co PDI LENDARIO que estamos a levar a cabo dende Leoteca este curso. Moitas grazas a Patricia e Cristina por esta visita e polo voso traballo!
A continuación podedes ver algunhas das imaxes da xornada!


E lembrade que o vindeiro día 24 de outubro celébrase o  DÏA DA BIBLIOTECA! Estades moi atentos/as, xa que Leoteca nunca deixará de sorprendernos!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...