19/10/2017

Comezamos a investigar!

Hoxe os alumnos /as de 4º e 6º de EP fixeron unha saída moi especial a Carballo. Estes grupos teñen a materia de "Aprender a investigar" e as súas primeiras sesións están enfocadas a aprender como se organiza  Leoteca e tamén como se organizan outras bibliotecas públicas da contorna.

Por este motivo visitaron a biblioteca Rego da Balsa de Carballo. Alí puideron comprobar como se organizan os libros neste lugar, as seccións coas que contan ,os medios técnicos dispoñibles, a duración  dos préstamos... e lles explicaron como acceder a búsqueda de información. A través dun xogo por grupos puidemos comprobar o ben que entenderon como se investiga nos libros desta biblio e comparalo coa nosa Leoteca. Moitas grazas as traballadoras da biblioteca por atendernos tan ben!

Aproveitamos esta saída para levar a cabo unha visita guiada "Derrumbando muros con pintura" por algunhas das pinturas murais de Carballo. Esta visita foi levada a cabo por Patricia Mañana, técnica de turismo do concello de Carballo e Cristina Castro, artista carballesa que participou en Derrumbando muros con pintura. Algunhas destas obras  están relacionados con seres fantásticos e mitolóxicos: mouras, dragón, bosques, etc. e aproveitamos para relacionalo co PDI LENDARIO que estamos a levar a cabo dende Leoteca este curso. Moitas grazas a Patricia e Cristina por esta visita e polo voso traballo!
A continuación podedes ver algunhas das imaxes da xornada!


E lembrade que o vindeiro día 24 de outubro celébrase o  DÏA DA BIBLIOTECA! Estades moi atentos/as, xa que Leoteca nunca deixará de sorprendernos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...