Amosando publicacións coa etiqueta papiroflexia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta papiroflexia. Amosar todas as publicacións

4 de feb. de 2020

Creando os nosos gorros de papel!

Ola nenos e nenas!
Está moi preto o entroido e gustaríame que nas vosas casas colaboredes coa decoración do cole.  Para iso  cada un de vós  poderá traer da casa un sombreiro de papel  (cun fío para colgalo) elaborado con papel de refugallo e decorado de xeito libre, con motivos de entroido, mariñeiros, etc. Deixade voar a vosa imaxinación!
Para facilitar a elaboración destes sombreiros deixámosvos varios vídeos que vos poden axudar. Mans á obra!





23 de mar. de 2017

Pantalla dixital

A pantalla dixital da biblioteca xa está acendida para facer unha homenaxe á poesía durante a súa semana.
Esta actividade que combina a papiroflexia coa poesía esta baseada na obra do artista francés Etienne Cliquet e a súa "Digital display".

15 de mar. de 2017

Longa vida á poesía!

A partir do luns celebraremos na biblioteca a "Semana da poesía", na que durante os recreos o alumnado escribirá os seus pareados nuns cadrados de papel que logo formarán parte da "pantalla dixital" que colocaremos nunha das paredes. Estade atentos durante a próxima semana porque haberá novidades.
VIVA A POESÍA!

30 de xan. de 2017

A paz comeza co seu desexo

Este foi o título que escolleron para a conmemoración deste ano do Día Escolar da Non Violencia e a Paz os nenos/as de 1º E.P., que culminaba a semana da paz na que o alumnado dos diferentes cursos do centro creou de xeito colaborativo o seu propio "Guernica". Seguindo o modelo facilitado na páxina web Actiludis, cada clase coloreou diferentes partes da obra con ceras brandas de cor negro, branco e gris.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...