Amosando publicacións coa etiqueta premios. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta premios. Amosar todas as publicacións

22 de nov. de 2019

RESOLUCIÓN DO VI CONCURSO DE TRABALLOS POR PROXECTOS 2018/2019

Leoteca está de noraboa! Vense de publicar a resolución do VI Concurso de Traballos por Proxectos coordinados dende a biblioteca escolar. Fomos premiados polo noso PDI conCIENCIAte, que levamos a cabo durante o curso pasado. Todo o noso alumnado foi o principal encargado de conseguir este premio, polo que hai que felicitarlles e animarlles a seguir traballando deste xeito no PDI AMAR O MAR e en futuros proxectos.
Tamén queremos agradecer a toda a comunidade educativa a súa implicación co PDI. Gracias a bibliotecas escolares por contar con nós sempre e por recoñecer a labor e o traballo do noso centro.
Gustaríanos felicitar aos demais centros gañadores neste concurso e a todos os centros que se animaron a participar.
Aquí tedes o enlace á Resolución se picades enriba:


8 de dec. de 2018

LEOTECA ESTÁ DE CELEBRACIÓN

Dende o CEIP Canosa-Rus presentámonos a un “Concurso Nacional de Buenas prácticas en centros docentes educativos que impartan enseñanzas no universitarias del sistema educativo español correspondiente al año 2018” na categoría “ Desarrollo de Competencias de Lectoescritura , Audiovisuales y Alfabetizaciones Múltiples”.

Presentámonos co PDI Lendario que foi levado a cabo  dende a biblioteca o curso pasado e do que formaron parte todos/as os alumnos/as , profesorado e toda a comunidade educativa.

O 3 de decembro publicouse a Resolución e informáronnos de que quedamos premiados na nosa categoría. 

Queremos felicitar e dar as grazas a toda a Comunidade Educativa por facer que os nosos Proxectos saian adiante , e sobre todo queremos felicitar ao noso alumnado, xa que sen eles/as non poderíamos facer todo o que facemos.  Grazas e a seguir investigando!

Podedes ver no seguinte enlace a Resolución dos premios ( picade enriba das letras).



Ministerio de Educación y Formación Profesional / Ministerio de Cultura y Deporte

6 de xuño de 2017

Gala de entrega de premios

Hoxe celebrouse a Gala de entrega de premios do Festival dos soñadores no Pazo da Cultura de Carballo. Os nenos/as foron os protagonistas da xornada compartindo o seu traballo con alumnado doutros centros e de distintas idades.
Desenvolveron as tarefas necesarias para que todo funcionase correctamente como foi a de acomodadores, realizadores, cámaras, presentación, actuacións, exposicións, coordinación e dirección, o traballo previo está á vosa disposición no blogue do festival. Na retransmisión podedes recuperar algúns destes momentos.

4 de mar. de 2017

Premios Mestre Mateo

https://www.academiagalegadoaudiovisual.gal/premios-mestre-mateo/
Hoxe en Palexco (A Coruña) celébrase a Gala de entrega dos premios Mestre Mateo que presentará Iolanda Muiños e retransmitirá a TVG a partir das 22h.

26 de feb. de 2017

The Oscars

Vía Pixabay Licenza CC DP
O domingo 26 de febreiro celébrase a gala de entrega dos premios Oscar de cine na cidade de Os Ánxeles (California), na que se entregarán os galardóns aos premiados nas diferentes categorías.

20 de dec. de 2016

Premios trimestrais

O pasado venres entregamos uns agasallos aos lectores que máis libros levaron prestados da biblioteca, que nesta ocasión foron Sarai (3º E.P.) e Ángel (2ºE.P.)

1 de dec. de 2016

DinosauRus premiado!!

Hoxe vén de facerse pública a resolución do III Concurso de Traballo por Proxectos coordinados ou coa participación da biblioteca escolar, na que o PDI DinosauRus, que se desenvolveu durante o pasado curso 2015/2016 no centro, resultou premiado na categoría de Proxectos coordinados desde a biblioteca na temática científica. A información tamén pode consultarse no blogue de Bibliotecas Escolares de Galicia. Aproveitamos para agradecer o traballo que se desempeña desde o Equipo de Asesoría de Bibliotecas Escolares por difundir e dar a coñecer o labor que se desenvolve desde as Bibliotecas Escolares galegas, e en particular polas situadas no rural.

7 de xuño de 2016

Lectores insaciables

O pasado mércores, día no que pechou a biblioteca nos recreos para preparala para o próximo curso, realizamos a entrega dos agasallos aos lectores que máis libros prestados levaron durante o curso.

3 de feb. de 2016

Reseña no blogue de Bibliotecas Escolares de Galicia

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/836
Con motivo da concesión dun dos premios na categoría de ciencia no II Concurso de Traballos por proxectos, aparece publicado no blogue de Bibliotecas Escolares de Galicia unha reseña do PDI Rus entre planetas, con acceso aos diferentes recursos realizados, así como á memoria do proxecto.
Recomendamos a visita a este blogue que ofrece moita información sobre o funcionamento das Bibliotecas Escolares, así como máis reseñas dos outros proxectos premiados; que consideramos moi relevantes, xa que constatan o bo traballo que se está a desenvolver noutros centros galegos, coa biblioteca como dinamizadora.
Moitas grazas pola difusión e pola entrada!

15 de xan. de 2016

Grazas e bicos

Con motivo do Festival de Nadal "Dinsons" e o premio obtido no II concurso de traballo por proxectos, quixemos agradecer a toda a comunidade educativa a implicación no desenvolvemento destes Proxectos Documentais Integrados. A través deste vídeo quixemos facer partícipes a todos/as da ledicia polo recoñecemento ao traballo realizado durante o curso, tanto a aquel alumnado, pais/nais e profesorado que continúan vinculados ao centro, como aqueles/as que participaron desta viaxe nalgún momento.

5 de dec. de 2015

Premio para "Rus entre planetas"


"Cando realmente queres unha cousa, todo o Universo conspira para axudarche a conseguila"
P. Coelho
  
A comunidade educativa do CEIP Canosa-Rus está de noraboa, xa que o pasado xoves publicouse a resolución do II concurso de traballo por proxectos, promovido desde a Biblioteca Escolar, no que resultou galardoado, dentro da temática científica, o PDI "Rus entre planetas", no que investigamos e aprendemos máis sobre o Sistema Solar.
Queremos agradecer a implicación e empeño no traballo das diferentes fases tanto do alumnado como das súas familias, así como ao claustro que promoveu e dinamizou o desenvolvemento do proxecto. Sen a participación dalgún deles este éxito non sería posible.

5 de out. de 2015

Ledicia Costas premio Nacional Literatura Infantil e Xuvenil


Unha autora galega, Ledicia Costas, vén de ser nomeada premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil neste ano 2015, grazas a súa obra "Escarlatina, a cociñeira defunta", que ademais está escrita en galego.
Parabéns Ledicia!

24 de abr. de 2015

Así vivimos a semana na biblioteca...


Durante esta semana estivemos realizando diferentes actividades na biblioteca para celebrar que o 23 de abril celébrase o Día do libro. Deste xeito realizáronse cos diferentes cursos de Educación Primaria talleres de creación de marcapáxinas, os nenos e nenas de Educación Infantil tamén participaron. Nos recreos todo o alumnado puido deixar, no mural dos libros, as súas lecturas preferidas

30 de xan. de 2015

Explorando o Universo

Ola nenos/as, como xa sabedes estiven viaxando polo Universo, e sigo facendo algunha pequena saída, e nestas viaxes coñecín innumerables planetas, satélites, constelacións,... pero tamén me deu tempo a ler moitos libros que pedín prestados na Leoteca. Por este motivo gustaríame presentarvos un xogo no que poden participar os nenos/as de Educación Primaria e que consistirá en que cada semana aparecerá neste blogue unha imaxe dun libro que está na nosa biblioteca e dúas preguntas referidas a dita imaxe. En realidade aparecerán dúas imaxes, unha para o 1º ciclo e outra para o 2º ciclo de E.P.

14 de out. de 2014

Diego Arboleda novo Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil

Fonte: Revista Babar
Diego Arboleda foi galardonado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil na actual edición do ano 2014 pola súa obra "Prohibido leer a Lewis Carroll" ilustrado por Raúl Sagospe e publicado pola editorial Anaya (2013), xa anteriormente fora premiado co Premio Lazarillo (2012), pola Fundación Cuatrogatos de Miami (2014) e mellor libro infantil 2013 para a revista Babelia.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...