Amosando publicacións coa etiqueta amizade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta amizade. Amosar todas as publicacións

25 de maio de 2020

TRABALLOS ELABORADOS POLO NOSO ALUMNADO: LETRAS GALEGAS E MÁIS!


Ola  nenos e nenas, son Leoteca:
Hoxe  escribo para contarvos o orgullosa que me sinto e todos vós! Acaba de caer nas miñas mans o vídeo que ides a ver a continuación. Nel aparecen moitos dos vosos traballos elaborados tanto para o PDI “Amar o mar” como para as Letras Galegas.  Sobre todo está centrado na banda deseñada (cómics ) , debuxos, poesías e caricaturas do autor homenaxeado, Ricardo Carballo Calero. E ademais este vídeo ten uns presentadores moi especiais! Mirade, mirade...


No seguinte enlace podedes entrar no blog do Equipo de dinamización da Lingua Galega do cole, “Vente Vindo” e atoparedes máis traballos vosos. Ao longo dos  días aínda aparecerán máis.

vente vindo


De verdade que estou impresionada co que traballades nenas e nenos do CEIP Canosa-Rus! Bótovos moitísimo de menos, pero xa queda un chisquiño menos para vernos, seguide así e moitas gracias por todo o voso traballo! Espérovos coidando da biblio do cole. Unha forte aperta. Leoteca.

9 de abr. de 2020

UN FEIXE DE APERTAS!

Ola a tod@s!
Hoxe tócanos ás mestras e mestres, ao equipo de cociña e limpeza e ao conserxe dedicarvos este vídeo que para nós é moi especial. Nel mostramos as inmensa ganas que temos de estar con todos vós outra vez. Botámosvos moito de menos pero sabemos que isto pasará e volveremos a abrazarnos e a desfrutar do cole e da vida. Sodes os nosos heroes e heroínas! Seguide así!
Un feixe de apertas para todo o alumnado e familias! Grazas!

7 de abr. de 2020

CONTACONTOS NA REDE: "DE TAL CUENTO, TAL ASTILLA"

Bos días:
Temos tres novos contos en " De tal cuento, tal astilla". Dende Leoteca queremos dar as gracias a Erica González por facernos desfrutar tanto con estes contos! GRACIAS!!!

Adalina el hada sin alas por Erica González



Amor en la biblioteca por Erica González



El Gallo Kiriko por Erica González







CONTACONTOS NA REDE CON CHARO PITA!

Ola familias! 
A escritora Charo Pita enviounos outro agasallo que di así:
"Aquí tendes outro contiño  grazas ao Salón do Libro de Pontevedra que está a brindarnos posibilidades culturais e den entretemento de todo tipo. Decirvos que é unha historia estupenda para escoitar antes, despois ou mentres se fai un biscoito. Este é o enlace" ( Soamente tedes que picar enriba)


E tamén nos deixou un videoclip do traballo "No país do vento" publicado por Sonárbore en Galaxia. 


Moitísimas grazas a Charo Pita por ser tan xenerosa, encántannos as túas historias!!






4 de abr. de 2020

AS VOSAS CREACIÓNS DENDE A CASA

Ola:
 Son Leoteca de novo! Estou encantada cos traballos que estades enviando ao cole. Son moi orixinais e creativos! Móstrovos os que chegaron esta semana. Son preciosos!


ALBA  DE 5º  DE EDUCACIÓN INFANTIL


ANXO DE 3ºB EDUCACIÓN PRIMARIA


MANU DE 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA


NICO DE 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL


CARLA DE 3º A EDUCACIÓN PRIMARIA 


MOITÍSIMAS GRACIAS POR COMPARTIR CON NÓS AS VOSAS CREACIÓNS!

27 de mar. de 2020

CONTACONTOS NA REDE CON CHARO PITA!


Ola nenas e nenos, son Leoteca,como estades?
Hoxe temos a sorte de contar cun conto moi especial, contado por alguén moi especial,Charo Pita! Envioume este agasallo para poder compartilo con todos vós! É un conto, que tamén é xogo, que realizou para o Salón Virtual do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra para cativada de infantil e primaria e hoxe temos a sorte de poder desfrutalo no noso blogue. Gracias Charo!!!

OS ANIMAIS DO MAR por Charo Pita 


CONTACONTOS NA REDE: " DE TAL CUENTO, TAL ASTILLA"

Ola!
Aquí tedes dous novos contos en..."De tal cuento, tal astilla" ! A deixar voar a vosa imaxinación!

PEPITO PÉREZ por Erica González



FELIPE TIENE GRIPE por Erica Gonzéalez


25 de mar. de 2020

AS VOSAS PRIMEIRAS CREACIÓNS DENDE A CASA!

Ola a todas e todos!
Son Leoteca! Xa me chegaron estes días as vosas primeiras creacións dende a casa, encántanme! Como podedes ver hai dende animais mariños imaxinarios ata acuarios fantásticos!
Animádevos a crear o que queirades que teña que ver co mar e seguide enviándoo ao correo do cole , ceip.canosa.rus@edu.xunta.es, para que o poida poñer no meu blogue  ! Deixade voar a vosa imaxinación porque todo é posible se o soñamos!



DANI V. DE 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA 


KALESI, DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL



ALEXIA, DE 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA 



BRAIS, DE 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA 



CARLA, DE 2º DE EDUCAIÓN PRIMARIA 



IAGO, DE 2º DE EDUCACIÓN PRIMARIA 




ALDARA, DE 4º DE EDUCACIÓN PRIMARIA 


MOITAS GRAZAS POR ESTAS OBRAS DE ARTE TAN BONITAS!!!!!!
ESTOU IMPACIENTE POR RECIBIR MÁIS! ATA PRONTO E ÁNIMO!!!

23 de mar. de 2020

LEOTECA ESTÁ NA CASA!


Boas a todos/as!
Son Leoteca! Xa levo unha semana sin ver nenos e nenas pola miña casa, pero estou segura de que prono volveredes e estaremos xuntos/as de novo no cole e na biblio!
Mentres tanto xa sabedes... vós quedade na voa casiña tamén !
Se que estes días son un pouco raros , pero sabedes que? Podedes aproveitar esta oportunidade para facer cousas fantásticas! Encantaríame que inventarades moitas historias sobre o que queirades, que leades moitos contos, que escoitedes música, que os portedes ben coa vosas familias e que lles fagades caso eh? Que eu o vexo todo! A partir de hoxe vou a ir poñendo aquí contos que son moi interesantes, e algunha contacontos xa a coñecedes! Estade moi atentos e atentas ao blog!
E non vos esquezades de ler a seguinte entrada na que explico como facer uns acuarios fantásticos!

Aquí vos deixo tamén un aviso de Carpiño e as 10 curtas das que nos fala!






26 de feb. de 2020

NAIS E PAIS DE CONTO

O mércores pasado, 19 de febreiro, tivemos unha nova lectura de Kalesi e da súa nai, Mónica. Nesta ocasión leron " O monstruo de cores". 
Tamén trouxeron botes e unhas tarxetas coas cores das emocións . Os nenos e nenas de educación infantil desfrutaron moito deste conto. 
Moitas grazas a Mónica e a Kalesi pola vosa interpretación desta historia! Animamos a todos os familiares que queiran vir a contar algunha historia, conto , crenza popular, etc a Leoteca! As portas están abertas en "Nais e pais de conto".


25 de nov. de 2019

MENSAXE DE LEOTECA POLO 25N

O venres pasado recibimos esta mensaxe de Leoteca... estades moi atentas e atentos ao próximo luns!


SEMANA DO MAGOSTO E DAS CASTAÑAS!

A semana pasada foi unha semana chea de Magosto no noso cole! Leváronse a cabo diferentes actividades dende as aulas, a radio na biblio e todos xuntos. As actividades foron as seguintes:

  • Varias clases traballaron contos coa temática do outono e das castañas. Realizáronse diferentes actividades escritas relacionadas co mesmo: sopas de letras, xogos de palabras, etc.
  • 3ºB e 4º de EP grabaron  contos e ditos do Magosto en "CanosaOnda", os podedes escoitar a continuación.






  • O martes celebramos todos xuntos unha degustación de castañas. As castañas foron asadas polo persoal do centro e colaboraron as coidadoras do comedor. Queremos agradecer a implicación de todas estas persoas no Magosto do cole. GRAZAS!!!






17 de dec. de 2018

conCIENCIAco Nadal

O noso PDI conCIENCIAte está de festas navideñas e por iso todos os nenos e nenas do cole levaron unha bola para decorarala nas súas casas con motivos científicos, inventos, etc. Viñeron cousas moi bonitas que puxemos na nosa árbore de Nadal. Tamén estamos elaborando nas aulas unha postal con luz para aprender a montar un pequeno circuito eléctrico. Mostraremos o resultado das nosas postais proximamente. Esta é a nosa árbore científica.



Ademais dous dos nosos alumnos de 5º e 6º de EP elaboraron  esta invitación para o Festival conCIENCIAte co Nadal que se celebrará o próximo venres 21 de decembro no salón de actos do IES Alfredo Brañas de Carballo. Esperamos que non volo perdades, será un festival moi divertido!





13 de abr. de 2018

Intercambio de experiencias co CPI Alcalde Xosé Pichel

A finais do mes de marzo o alumnado de 6º de EP do noso centro compartiu unha xornada moi especial co alumnado de 6º de EP do CPI Acalde Xosé Pichel. Esta actividade estivo dividida en dúas partes: a primeira parte foi un encontro deportivo no que os nenos e nenas puideron participar de diferentes xogos. A segunda parte consistiu nunha visita a súa biblioteca. Explicáronnos un pouquiño o funcionamento da mesma e representaron un contacontos moi divertido para nós!
Queremos agradecer ás nenas e nenos do CPI Alcalde Xosé Pichel a súa invitación e o gran acollemento que nos fixeron . Como xa sabedes estades convidados neste terceiro trimestre a vir ao noso centro  para levar a cabo outro intercambio deportivo e para coñecer Leoteca. Tamén teremos preparada algunha sorpresiña!
No seguinte vídeo está reflexada a xornada, ata proto!


4 de mar. de 2018

Visita de ÍNTEGRO a Leoteca !

A semana pasada o alumnado e 6º de EP puidero disfrutar dunha visita moi especial. Leoteca abriu as súas portas para levar a cabo  unha actividade de prevención de lesións medulares por parte da asociación Íntegro, coa que xa compartimos diferentes vivencias en cursos anteriores.
Foi unha tarde moi interesante da man de Adolfo, presidente de Íntegro; Teresa socia e voluntaria e de Sandra,traballadora social da asociación.
Os nenos e nenas de 6º quixeron facerlles un pequeno agasallo de parte de Leoteca, un chaveiro con  forma de elefante de cor azul feito coa impresora 3D e que representa o noso rincón da biblio "Feito con xeito".
Unha vez máis dende o CEIP Canosa-Rus queremos agradecer a Íntegro pola súa colaboración e estamos desexando compartir novas experiencias.
Se picades na seguinte imaxe podedes ler a nova que escribiron na páxina de Íntegro deste día.

post

7 de feb. de 2018

Inauguración Leoteca: 16 de febreiro de 2018

O EAL ( Equipo de Apoio de Leoteca) queren recordarvos que o vindeiro 16 de febreiro Leoteca estará de festa. Para isto elaboraron as seguintes invitacións coa técnica do croma que están aprendendo. 




16 de xan. de 2018

Mannequin challenge en Leoteca

O equipo de apoio de Leoteca (EAL) de 6º de EP quere mostrarvos a biblioteca dun xeito un tanto especial!

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...