Amosando publicacións coa etiqueta lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta lectura. Amosar todas as publicacións

17 de xan. de 2021

Contos desde a casa.

 Que viene el lobo de RAMADIER foi o conto que Lara de primeiro escolleu para contar no recuncho de Leoteca. GRAZAS.


https://youtu.be/mz_NSWebqPI




12 de out. de 2020

BIBLIOTECA POR E PARA A LECTURA.


     Neste ano tan complicado non deixei de matinar como achegarvos a lectura. Na carta que vos chegou as aulas  explico que este ano a biblioteca vai ser distinta pero non menos especial. Igual que nos patios, nas aulas e no comedor todo mudou, na miña casa tamén . Non quero que vos poñades tristes posto que podedes estar en contacto comigo escribindo o meu correo, leoteca@ceipcanosarus.net, para transmitirme todas as ideas que desexedes. O outro día chegouvos  un anaquiño dese lugar tan especial que temos no colexio. Neses estantes selecionei con todo agarimo libros que sei que vos van encantar. Esta foi a primeira das moitas sorpresas que recibiredes. Pronto teredes novas miñas. Non olvidedes" se queredes aventura  lánzate a lectura". Aquí tedes un vídeo recordando a gran acollida que tiveron os libros nas aulas. Un abrazo enorme.LEOTECA.




26 de feb. de 2020

NAIS E PAIS DE CONTO

O mércores pasado, 19 de febreiro, tivemos unha nova lectura de Kalesi e da súa nai, Mónica. Nesta ocasión leron " O monstruo de cores". 
Tamén trouxeron botes e unhas tarxetas coas cores das emocións . Os nenos e nenas de educación infantil desfrutaron moito deste conto. 
Moitas grazas a Mónica e a Kalesi pola vosa interpretación desta historia! Animamos a todos os familiares que queiran vir a contar algunha historia, conto , crenza popular, etc a Leoteca! As portas están abertas en "Nais e pais de conto".


HOXE LENOS!

O pasado martes 18 de febreiro, en "Hoxe lenos", 3 compañeiras de 4º de EP contáronlle un conto aos nenos/as de 3º e 4º de EP. O conto foi "Medusa se ha vuelto a enfadar". Este conto ten de especial que ten realidade aumentada, é dicir, que á vez que contas o conto podes ver as imaxes na tablet e interactuar cas personaxes. Na nosa biblio, Leoteca, podemos desfrutar de moitos contos con realidade aumentada! Queremos dar as grazas a estas tres compañeiras por lernos e descubrirnos un libro tan bonito da nosa biblio!



1 de abr. de 2019

CHARO PITA NA BIBLIOTECA.

         A escritora Charo  Pita formou os nenos de cuarto de primaria en expresión oral. Mediante xogos de voz, poemas dos  escritores e escritoras galegos máis importantes... axudou aos nenos e nenas a adentrarse no mundo do teatro dunha forma máis amena.


23 de xan. de 2019

VISITA MÁXICA CON LEDICIA COSTAS



Hoxe  estivo no colexio a escritora LEDICIA COSTAS!! Que visita tan bonita. Falou dos seus libros "A balada dos unicornios" e da "Señorita Bubble". Eses libros que fixeron viaxar os nenos de 4º, 5º e 6º  e que lle permitiron coñecer os inventos máis extrambóticos.  Para recibila elaboraron acrósticos, inventaron a continuación das obras,  crearon murais, construíron coa impresora 3D un agasallo... e ata fixeron unha entrevista na radio. Grazas edicia.





PRENSA

30 de out. de 2018

Os tres porquiños e máis.-


Esta semana os nenos de catro e cinco anos visitaron a biblioteca Rego da Balsa de Carballo. Alí puideron escoitar o conto de NICOMEDES EL PELÓN de Pinto e Chinto, da voz dunha ratiña moi espelilida. A continuación os nenos tiveron que representar o conto dos tres porquiños. Que ben o pasaron!!!


21 de abr. de 2017

Deamos vida aos libros!

O próximo domingo 23 de abril celebrarase o Día do libro, nós queremos comezar a celebralo coa proxección hoxe en "Os venres son curt@s" de "Los fantásticos libros voladores de Mr. Morris Lessmore" dirixida por William Joyce e Brandon Oldenburg. Producida por Moonbot Studios foi premiada en diversos festivais e galardoada co Oscar á mellor curtametraxe de animación na edición de 2011.

26 de mar. de 2017

Hoxe lenos...

nera, a ferreira-imelda barrio-9788492630028
A semana pasda, os alumnos/as de 1º A , coa axuda da súa profe Vero, representaron unha adaptación da obra "Nera, A Ferreira" de Imelda Barrio.
Esta obra de Baía Edicións trata de romper coa tendecia nos contos infantís de asignar roles esteriotipados a nenos e nenas, que condicionan a capacidade de soñar sen límites no propio futuro. 

" Nera naceu nun momento especial; era xusto cando o Consello de fadas se reunía para outorgar un desexo á persoa que chegase ao mundo nesa noite. Pero, cal sería o mellor desexo para conceder?" 


   


Ao final da obra, os nenos/as cantaron un rap pola igualdade que inventaron coa colaboración da profe Vero e do profe Miguel. Moitas grazas ao alumnado de 1ºA por facer esta obra con tanto entusiasmo e dedicación.


7 de mar. de 2017

Hoxe lenos...

Resultado de imagen de un conto cheo de lobos
Nesta ocasión  en hoxe lenos... sete alumnos de 5º de EP prepararon un contacontos para 1º A,1ºB e 2º de EP. Os alumnos foron: Hugo Fdz, Hugo Fa, David, Sergio L, Sergio V, Dani F e Martín. O conto elexido polos alumos foi "Un conto cheo de lobos", dos autores Roberto Aliaga & Roger Olmos , da Editorial OQO.

"Había lobos grandes e lobos pequenos. Lobos durmidos e lobos espertos. Lobos xigantes, lobos ananos... e lobos con máis de cen anos. Había lobos de todas as cores: verdes, azuis, vermellos… Había lobos con lentes e lobos con sombreiro. Lobos que escribían cartas, lobos trampulleiros e lobos que mexaban sobre un formigueiro. O conto estaba cheo de lobos!"
Agradecemos dende Leoteca o esforzo do alumnado na preparación deste tipo de actividades e cotinuamos animando a que participen cantos máis alumnos/as e familias millor!







20 de out. de 2016

Mochilas listas!

BY ArtsyBee Licenza CC0 DP
Mañá sairán por primeira vez durante o curso as mochilas viaxeiras, iniciando un recorrido polas casas de todas as familias que durará ata o mes de maio.

5 de out. de 2016

Aprendemos sobre os libros electrónicos

Este curso introducimos desde a biblioteca os libros electrónicos, que como ben sabedes son uns dispositivos de menor tamaño e peso que algúns libros, polo  que pode transportarse con facilidade, e que serven para almacenar milleiros de libros, o que nos permitirá ler en calquer lugar sempre que queiramos. Non pretendemos substituir ao libro tradicional, senón que queremos facilitar outro medio de lectura, ademais de permitir o acceso a este tipo de recurso a todo o alumnado de primaria do centro.

7 de xuño de 2016

Lectores insaciables

O pasado mércores, día no que pechou a biblioteca nos recreos para preparala para o próximo curso, realizamos a entrega dos agasallos aos lectores que máis libros prestados levaron durante o curso.

23 de abr. de 2016

Feliz Día do Libro!

Desde Leoteca gustaríanos felicitar a toda a comunidade educativa polo Día  do Libro, 23 de abril. 
Esta semana foi dedicada a este tema en Leoteca e por este motivo realízaronse varios obradoiros durante os recreos : os " marcapáxinas locos " e " o meu libro favorito é..."
As nenas e nenos que participaron  disfrutaron moito con estas actividades. Noraboa pola vosa colaboración rapac@s! E a seguir disfrutando tanto do maravilloso universo da lectura.




                FELIZ DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO: 23 DE ABRIL on PhotoPeach

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...