Hoxe é o meu día. Como é sábado todos e todas estades na casiña por iso andiven ollando o que andades a facer e sei que non vos olvidastes de min.
Tedes a miña casiña aberta aínda que este ano é dunha maneira especial como recorda este díptico:
Por unha banda estades a invitar aos vosos papás e mamás a participar nas actividades do cole mediante un cartel.
![]() |
Colocastes escritores e escritoras nas mesas para saber onde sentar.
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEibDtqlhTPxBGusKteHIbNAJLOVbB6tuK88wB8Va2Mg2lgo-Wlf5eMd9Ud-6JA713D4Jt_qrvrzOiuDfVZGB68knBKXK-xnpagZlTELd85pDAOHu3-VwhfGt3tGDi7C0exAbJl2q8IraOnB/w212-h188/IMG_07ECB417886D-1.jpeg)
Ledes contos na radio e facedes outros programas!! Aínda que teña que ser con máscara.
Empezastes a encender a impresora 3D.
Teletransportádevos ata Texas para disfrutar dun científico que nos explica como está a investigar o COVID.
Seguides lendo e investigando.
Mandádesme correos dándome as grazas ou pedíndome libros.
Grazas por facerme sentir viva, LEOTECA.
E para celebrar un día tan especial coma o de hoxe, temos connosco a que foui unha das miñas contacontos favoritas durante o confinamento, Erica González! Hoxe traenos unha historia moi bonita: Edmundo, el ladrón de segundos, en "De tal cuento, tal astilla"
Gracias Erica por tantos momentos máxicos compartidos cons nenos e nenas do CEIP Canosa-Rus!
Ata moi prontiño!!
LEOTECA
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.