![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi5v8HxSQ5F0owSdTrqGoRXV1fW8ZXey8Jd1AFRmyuaOmX2VqrPd4pSVti4wJDGMEXz6_VjdZylEvUjma6U5IqGBFg2e6uhbWP9SrVOYifJ18a-O0OI4VDIUskaVU9fDZW8UUpo9CuB5H-Z/s200/IMAG4020.jpg)
Lembrade que neste curso inauguramos o espazo "Faino ti mesmo", no que podedes xogar aprendendo cos escornabots, utilizando os taboleiros que dispoñemos nese recuncho. Tamén hai lapis de cores para debuxar e proximamente incorporaremos algúns materiais novos cos que aprender construíndo.
No recuncho "Faino ti mesmo" nenos/as doutras clases ensinaranvos a construír aparellos, xoguetes... que ademais de pasar un tempo divertido, serviranvos para aprender diferentes aspectos relacionados coa ciencia.
Estamos esperando as vosas opinións sobre este recuncho e sobre aquelas tarefas que vos gustaría que desenvolveramos nel.
Agardámosvos na biblioteca!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.