18/05/2016

Pregunta final para obter o carné de paleontólogo/a

Durante estes meses estivestes investigando para aprender máis sobre os dinosauros e superar as distintas probas que se foron expondo. Tras responder as preguntas que foron aparecendo no blogue fustes obtendo os respectivos adhesivos, que agora están pegados no voso carné de paleontólogo/a.

Agora vos propoñemos a última pregunta, coa que obteredes definitivamente a titulación de Paleontólogo/a  DinosauRus.

1. Que foi o que aprendiches ao longo do curso sobre o tema, a través da información proporcionada por outra aula diferente á túa?

Lembrámosvos que tedes de prazo para responder ata o venres 3 de xuño, así como que, se aínda vos queda algunha pregunta anterior por completar, estades a tempo de facelo.
Cando teñades os seis adhesivos pegados no dorso do carné entregarédelo na biblioteca e se vos fará entrega del selado e plastificado, co que xa seredes oficialmente os paleontólogos/as do CEIP Canosa-Rus.
E ti, vas quedar sen carné?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...