Este mes na biblioteca e no colexio andamos bastante ocupados co noso PDI conCIENCIAte e celebrando a súa festa que dura nada máis e nada menos que un mes!!A por moitos máis meses da ciencia! Estas son algunhas das actividades que realizamos.
- Cada aula investigou sobre un invento e elaborou algún que outro experimento: o telescopio, o reloxo, a radio, o ordenador, a imprenta, o muíño de auga e de vento, a bicicleta , o coche e a imprenta.A mestra de inglés está a traballar vocabulario científico en inglés .
- As familias andan a traer algún invento.
- Desde a radio gravamos algún experimento.
O mestre de primeiro que está a traballar a radio como invento, fixo unha gravación sobre un conto científico que inventaron.
Coa impresora 3D estamos a facer deseños relacionados co PDI.
Os nenos e nenas de sexto elaboraron un video a favor da ciencia nas escolas.
Estas son algunhas das moitas actividades que se realizaron. Tamén tiveron cabida actividades no noso espazo Xeito con Feito, ( todos os venres no recreo se fixeron experimentos relacionados coa electricidade estática), coñecesuse a CDU da zona de investigación a través dun xogo cos escornabots, foise de excursión a distintos museos científicos...
A modo de resumo o seguinte video:
A seguir investigando!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.