Ola nenas/os! Teño que sair a fume de carozo, que me chamou por teléfono a miña neta Trastupita e non sei que líos armou cunha pócima que elaborou. Parece que transformou á metade do seu pobo en rás! Creo que o erro estivo en que lle botou demasiadas ás de morcego, pero agora teño que ir ata alí a solucionalo. Por iso mañá venres non vou poder estar na biblioteca para facer o reconto do concurso. Polo tanto, xa que non creo que volte ata a semana que vén, penso que será o tempo que me leve amañar a desfeita que fixo miña neta, decidín ampliar o prazo para responder ás preguntas do concurso. Así que xa sabedes! Tedes ata o próximo venres para contestar no blogue (2º e 3º ciclo) e na caixa da biblioteca (1º ciclo). Non vos despistedes e bulide!
Ata o próximo venres!
Pareceme moi ben o do concurso.
ResponderEliminareste concurso paréceme una buena idea y le deseo suerte alas personas que participen
ResponderEliminar