Ola
nenos/as! Esta é a primeira imaxe que teredes como pista para responder
ás preguntas que vos faremos a continuación. Lembrade que podedes
contestar con un comentario nesta entrada ou escribindo o número da
pregunta, xunto coa resposta, nun papel e depositalo na caixa do
concurso que está na biblioteca. Tanto se o facedes no blogue, como se o
entregades en papel non vos olvidedes de escribir o voso nome e o curso
no que estades. Atentos durante a semana que poden ir aparecendo novas
pistas!
PREGUNTA 1: Esta imaxe atópase nun libro que conta a historia dun crocodilo que cre que está destinado a algo moi importante. Como se titula este libro?
PREGUNTA 2: Como se chama a agrupación de estrelas cuxa posición no ceo nocturno parece invariable? Como pista indicarvos que estas estrelas con forma de crocodilo están vinculadas á de Orión, que segundo os Incas simbolizaba a conexión entre o mundo e o ceo, os homes e os deuses.
A investigar pola biblioteca e sorte!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.