26/02/2015

Cóntame un conto

Durante o mes de febreiro comezou unha Programación de Contacontos por parte dos nenos/as do CEIP Canosa-Rus. Todos os cursos preparan unha representación para algúns dos seus compañeiros/as. A temática é libre, pode ser unha obra de teatro, unha lectura encadeada, poesías de elaboración propia, adiviñas, cancións, entre outras; o que aos contacontos lles apeteza transmitir aos espectadores/as.

Deixámosvos con algunhas imaxes dos momentos que se viviron durante este mes na biblioteca. Proximamente publicaremos máis actuacións. Está é a Programación de contacontos dos meses de febreiro e marzo.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...