20 de feb. de 2015

Exploradores do Universo

Ola lectores/as! Ao final arranxar a desfeita de Trastupita levoume máis tempo do que pensara. Esperemos que non volva a transformar a ninguén máis por erro! Xa estou aquí convosco para darvos a solución ás preguntas dos concursos e publicar o nome dos gañadores/as e que recibirán o seu premio nos próximos días.


CONCURSO 1º CICLO
1ª pregunta: Como se titula o libro? Un gran soño do autor mexicano Felipe Ugalde, da editorial Kalandraka.
2ª pregunta: Como se chama a agrupación de estrelas cuxa posición no ceo nocturno parece invariable? Constelación.

Non houbo respostas, polo que non haberá premiados nesta categoría.

CONCURSO 2º - 3º CICLO
1ª pregunta: Como se titula o libro? Explorando a lúa, é a número 16 das aventuras de Tintín do autor  belga Hergé, da Editorial Juventud.
2ª pregunta: Onde está situado o foguete? Na Lúa. En que lugar? Entre dous cráteres lunares.
3ª pregunta: Cónta brevemente que fai o foguete nese lugar. Esta historia é a continuación doutra aventura de Tintín (Obxectivo a Lúa) na que se retoma o voo ao satélite. Os detectives Hernández e Fernández aparecen de improviso no foguete. Tras alunizar, en equipo comezan a investigar e a explorar o terreo. Algúns sucesos inesperados provocarán que teñan que planificar a súa volta á Terra. 
As alumnas/os que recibirán premio nesta categoría son:

1º premio: Dani (3º)
2º premio: Dalia (3º)
3º premio: Uxía (3º)


Noraboa a todos/as os que participastes e fostes premiados (todos os que participaron levarán premio). O próximo luns comeza unha nova etapa deste concurso, agardamos que haxa maior participación. Non temades! Eu non vos vou convertir en rás!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...