28 de abr. de 2016

Preparando a inauguración...

Aproxímase a inauguración do Museo de dinosauros no colexio. Todas as aulas están preparando as excplicacións e a presentación da investigación que realizaron ao longo do curso, así como a mostra dos diferentes traballos que elaboraron durante este período.

O granxeiro Leiro pola biblioteca

Esta semana os nenos/as de 2º E.P. achegáronse á biblioteca para representar a obra de Pep Bruno & Lucie Müllerová "A noite das mudanzas" de OQO para o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.

23 de abr. de 2016

Feliz Día do Libro!

Desde Leoteca gustaríanos felicitar a toda a comunidade educativa polo Día  do Libro, 23 de abril. 
Esta semana foi dedicada a este tema en Leoteca e por este motivo realízaronse varios obradoiros durante os recreos : os " marcapáxinas locos " e " o meu libro favorito é..."
As nenas e nenos que participaron  disfrutaron moito con estas actividades. Noraboa pola vosa colaboración rapac@s! E a seguir disfrutando tanto do maravilloso universo da lectura.




                FELIZ DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO: 23 DE ABRIL on PhotoPeach

21 de abr. de 2016

Contacontos da semana

Durante esta semana, que adicamos á celebración do Día do libro, combinamos diversas iniciativas para esta conmemoración cos habituais contacontos na hora de ler.

15 de abr. de 2016

Os dinosauros no tempo

Hoxe o alumnado de 5º de E.P. explicou na biblioteca aos nenos/as de 3º, 4º e 6º como realizaron a liña do tempo no centro e a versión para a web do proxecto, que pode ser consultada por toda a comunidade educativa.

11 de abr. de 2016

A polo adhesivo 4!

Os dinosauros estiveron, e están presentes, en numerosas películas de ciencia ficción, pero aínda que sexa fantasía hai algúns elementos que deberían achegar información veraz ou aproximada ao que foi a realidade.

29 de mar. de 2016

Paleontólogos DinosauRus

Nova etapa do "pasaporte DinosauRus". Se respondedes ás seguintes preguntas conseguiredes o adhesivo 3 do voso carnet e, se conseguistes os anteriores, xa teredes a metade do voso carné de paleontólogo/a acadado.

18 de mar. de 2016

Viva a poesía!

Hoxe rematamos a Semana da poesía no CEIP Canosa-Rus coa lectura encadeada por parte do alumnado do centro.

17 de mar. de 2016

Poesía sodes vós

Durante esta semana estivemos conmemorando o "Día Internacional da poesía" que terá lugar o próximo 21 de marzo.

16 de mar. de 2016

Bibliotecas amigas

Hoxe os nenos/as de 4º E.P. visitaron o CPI Alcalde Xosé Pichel para participar nun encontro deportivo cos alumnos/as deste centro. Aproveitando a visita quixemos que ambas bibliotecas compartisen experiencias. Recibiunos a coordinadora da biblioteca e o equipo directivo, que xunto cos nenos/as, ensináronnos o lugar no que gozan coa lectura. Coñecimos o motivo polo que se chama Biblioteca Escolar "Asunción Antelo" e ás súas mascotas "Punto" e "Coma".
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...