![]() |
| Vía Pixabay Licenza CC DP |
O domingo 26 de febreiro celébrase a gala de entrega dos premios Oscar de cine na cidade de Os Ánxeles (California), na que se entregarán os galardóns aos premiados nas diferentes categorías.
![]() |
| Vía Pixabay Licenza CC DP |
![]() |
| Licenza CC DP |
![]() |
| Vía Olloboi Licenza CC |
![]() |
| Vía Wikimedia commons Licenza CC DP |
![]() |
| Vía Turismo de Carballo: http://www.turismocarballo.com/ |
Compartimos este documental de Great Big Story, que nos chegou vía microsiervos, no que se explica como se realizan os efectos de sala dunha película. Alyson Moore, Chris Moriana e Mary Jo Lang explican como crean nun estudio o son ambiente das películas e a razón de que se lles chame artistas de foley.
Hoxe tivemos a sorte de contar coa presenza da nai de Alexia ( 5º de EI) e Alexia. Xuntas contaron o conto de "Corre corre cabaciña" para o alumnado de EI. Este conto é de de orixe portuguesa , de gran tradición no país veciño. Relata a histora dunha velliña que , de camiño ao casamento da neta atopa a un lobo, a un oso e a un león que a queren comer. Ela convence aos animais que a esperen despois do convite e , despois da celebración, a neta e a velliña argallan algo moi orixinal para burlar as tres feras.
Hoxe contactamos co IES As Barxas (Moaña) para que o alumnado e a propia Luz Beloso nos contasen a súa experiencia traballando no eido audiovisual desde un centro educativo público. A través de Hangouts Lucía, Xabi, Sira, Noe, Isa, Nerea, Natalia, Claudia e a propia Luz ensináronnos e aconselláronnos sobre os aspectos básicos para producir distintas obras audiovisuais.![]() |
| Vía @xavier_torrens |
Este venres traemos un vídeo musical do ano 2014 realizado coa técnica stop motion polo polifacético Ainslie Henderson, gañador do premio BAFTA á mellor curta de animación no ano 2013 por The making of longbird, que serviu de vídeo musical para a banda británica James.![]() |
| BY Educortos Licenza CC BY-NC-SA |
Durante esta semana as diferentes aulas do centro explicarán ao resto do alumnado as exposicións que montaron co material relacionado co cine achegado polas familias e polos diferentes documentos froito das investigacións que realizaron durante o primeiro trimestre dentro do PDI "De espectadores a protagonistas".
Hoxe en Madrid celébrase a Gala da 31 edición dos Premios Goya na que se premiarán diferentes categorías do cine español. Observando estas categorías que reciben galardón comprobaredes as diferentes profesións que participan na elaboración dunha película ou curtametraxe.
Nos venres son curt@s a música protagoniza a sesión de curtametraxes de hoxe, xa que traemos a obra titulada "Sinfonía de monos" realizada como un proxecto de postgrado do ESMA (Escola Superior de Oficios do arte). Nesta obra fainos relexionar sobre as diferentes formas de entender a educación musical.