Continuamos co desenvolvemento do PDI DinosauRus, por este motivo, o próximo 12 de febreiro acudirán ao centro catro representantes da Asociación Paleontolóxica galega cos que aprenderemos máis sobre a profesión de paleontólogo. Nas charlas programadas para os diferentes cursos o alumnado poderá interactuar e solucionar as dúbidas que xurdiron neste período de investigación.
Os nenos/as participarán en diferentes obradoiros relacionados co labor dos paleontólogos, como coñecer os fósiles e as súas características, ademais de crear unha réplica dun dinosauro.
Para poder preparar mellor a súa visita propoñémosvos que vexades este documental que nos facilitaron, que seguro que vos axudará a comprender mellor as súas explicacións e provocará algunha dúbida ou pregunta que poderá ser solucionada o día 12.
Agradecemos a colaboración da Asociación Paleontolóxica Galega desde o momento no que contactamos con eles/as, moitas grazas, agardámosvos impacientes!
Que aprendistes neste vídeo?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.