O pasado mércores continuou a visita de "Nais e pais de conto". Nesta ocasión foi Lucía (nai dun neno de 1º de E.P.) que, caracterizada para a ocasión como "Soledá", transmitiulle ao carón da lareira, aos nenos/as de 5º e 6º de E.P., diferentes contos de tradición oral da comarca.
A través desta actividade puxemos en contacto diferentes xeracións e ademais quixemos promover a supervivencia destas historias tradicionais que van pasando de boca en boca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.