Comezamos o ano 2016 presentándovos o artigo que se elaborou desde o equipo de biblioteca, que foi publicado na revista EDUGA, titulado "A biblioteca: o sol que ilumina o centro". Neste artigo relatamos como se desenvolveu o PDI "Rus entre planetas", premiado no II Concurso de traballo por proxectos, no que participou toda a comunidade educativa. Picando na imaxe podedes acceder ao apartado "Boas prácticas" da revista, onde se atopa o documento.
Nuns días tamén publicaremos o vídeo de agradecemento a toda a comunidade educativa que se proxectou no Festival de Nadal "Dinsons".
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.