13 de xan. de 2016

Día Escolar da non violencia e a paz


O próximo 30 de xaneiro, conmemorando o aniversario da morte de Mahatma Gandhi, celebrarase o Día Escolar da non violencia e a paz. Desde a biblioteca queremos sumarnos a esta iniciativa coa montaxe da exposición adicada á temática da non violencia, amizade, solidariedade e os sentimentos, establecendo dous espazos un con libros para prelectores e primeiros lectores e outra zona con obras para lectores autónomos e expertos, e que xa podedes consultar.
O próximo 30 de xaneiro estamos preparando uns obradoiros relacionados co proxecto DinosauRus, no que ademais de aprender algo sobre os dinosauros herbívoros, tamén poderedes transmitir distintas mensaxes de paz.
Queremos facilitar tanto ao profesorado, como ao resto da comunidade educativa, unha serie de recursos co obxectivo de concienciar da importancia do diálogo e da non violencia na resolución dos conflitos.
Comezamos con esta canción que nos fará reflexionar coa letra:


Neste abecedario realizado por Ana Martínez e o Equipo de Biblioteca do CEE Terra de Ferrol aprenderemos palabras que deberiamos utilizar máis a miúdo.


Na páxina de Actiludis atopamos o conto "El regalo" e diversos recursos relacionados con este día.
Imágenes Educativas é unha páxina que nos ofrece un caderno para traballar co alumnado de Educación Infantil e unha Unidade didáctica sobre o Día da paz.
Na páxina do INTEF accederemos a unha serie de recursos e páxinas de interese para traballar e reflexionar co alumnado.
Esta Webquest servirá, ademais de aprender a investigar, para coñecer a vida de Malala, que representa os valores da paz e da non violencia.
Desde BIBLOGCAÑIZA, o blog da Biblioteca do CPI A Cañiza, ofrécennos unha recompilación moi completa de diversos recursos (caderno, actividades LIM, contos, presentacións, entre outras) para celebrar o Día da paz.
Despedimos esta entrada coa canción de Imagine de John Lennon, e coa versión que realizou UNICEF, que tanto utilizamos este día.



E ti como celebras este día?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...