15 de xan. de 2016

Grazas e bicos

Con motivo do Festival de Nadal "Dinsons" e o premio obtido no II concurso de traballo por proxectos, quixemos agradecer a toda a comunidade educativa a implicación no desenvolvemento destes Proxectos Documentais Integrados. A través deste vídeo quixemos facer partícipes a todos/as da ledicia polo recoñecemento ao traballo realizado durante o curso, tanto a aquel alumnado, pais/nais e profesorado que continúan vinculados ao centro, como aqueles/as que participaron desta viaxe nalgún momento.


Gustouche?

4 comentarios:

  1. O video encantoume, nunca vin algo tan bo, e moi triste, vou en sexto de primaria no ceip canosa rus e trño que decir que en canto o vin empezei a chorar. Non quero ir ao insti

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ola Anónimo (lembrade que polo menos tedes que escribir o voso nome)
      Agrádanos que che gustase o vídeo. En canto aos sentimentos, é normal sentir un pouco de tristura cando unha etapa chega ao seu fin, pero seguro que vos agarda outra tanto ou máis emocionante que a que pechades.
      Gozade do que queda de curso e pensade na nova aventura que vos espera.
      Grazas por comentar.
      Saúdos.

      Eliminar
  2. Encantoume! Moi bo o vídeo superadesvos sempre nenos/as profesores/as ��������

    ResponderEliminar
  3. Grazas polo teu comentario.
    Saúdos.

    ResponderEliminar

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...