19 de xan. de 2016

O carteiro que se converteu en carta

Hoxe na Hora de ler os nenos/as de 3º de E.P. realizaron unha función moi especial para o alumnado de 1º e 2º de E.P. na que en primeiro lugar recitaron unhas poesías de diversos autores/as como Gloria Fuertes, Manuel María ou Xosé Neira Vilas.

A continuación representaron un Kamishibai ("teatro de papel"), que é unha modo de contar contos moi popular en Xapón, que consiste nuha serie de láminas nas que nun lado está a imaxe e do outro o texto. Estas láminas colócanse nun pequeno escenario tralo que se colocan os nenos/as que narrarán a historia. Se queredes saber máis podedes consultar o blogue Kamishibai ou a sección adicada no blogue de Bibliotecas Escolares de Galicia.
O conto escollido para a representación foi o de "O carteiro que se converteu en carta" escrito por Alfredo Gómez Cerdá (1991) e ilustrado por Emilio Urberagua. A obra nos conta a historia de Emiliano, un carteiro que soña con viaxar e parar as guerras. Nos seus desexos axudarao Nacarina, a pequena bruxa do pobo.

 

Para finalizar, expuseron o vídeo que realizaron do libro de Antón Cortizas "O lapis de Rosalía".



 
Comezan deste xeito os contacontos do alumnado, que se realizarán os martes. Mañá mércores continúa o programa de "Nais e pais de conto" coa visita de Lucía, nai de Roberto (1ºE.P.), que irá dirixida aos nenos/as de 5º e 6º de E.P.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...