O pasado martes 26 tivmos unha visita moi especial en Leoteca e en CanosaOnda para 3º, 4º, 5º e 6º de EP. Viñeron dous nadadores: Raquel e Carmelo, do club de natación de Arteixo. Ambos participan en travesías de mar e estivéronnos contando a súa experiencia, que smateriais necesitan, etc. Tamén recordáronos a importancia de manter limpo o mar! Foi moi interesante!
E cando remataron catro nenos/as de 3º A (Sara, Diego, Noelia e Xabi) fixéronlles, nun novo programa de CanosaXente, unha entrevista. A podedes escoitar a continuación.
Queremos darlles as gracias a Carmelo e Raquel pola súa visita e por compartir a súa experiencia con nós! Volvede pronto a Leoteca!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.