Como xa saberedes, este curso as mochilas viaxeiras teñen unha nova misión grazas ao PDI “Amar o mar”. Na carpeta que levades tedes unha folla en branco para cada un para escribir unha receita sobre o mar. Podedes preguntarlle as vosas familias, elixir aquelas receitas que tanto vos gustan e que vos gustaría compartir cos vosos compañeiros/as. Despois dende o equipo de cociña elixirán un, dous ou os tres pratos para servir como menú especial de fin de mes e publicaremos aquí, no meu blogue , as recitas gañadoras.
Este mes de outubro os gañadores foron os seguintes:
1º prato. Aritz de 3º B coa sopa de peixe
2º prato: Diego B. De 4º EP co bacallau con pasas.
Mención especial: Golfiños do mar.
E este foi o resultado, estaba todo riquísimo! Moitas grazas as nosas cociñeiras por embarcarse con nós nesta nova aventura!
Gustaríanos dar as grazas tamén a estes nenos e a todos os que xa participaron e animarvos a seguir así, e a valorar a importancia do peixe na nosa dieta !
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.