Un ano máis as nenas e nenos do noso cole participaron no concurso "Xose Manuel Eirís" de Teatro Lido do concello de Carballo. Os sete grupos de EP ( de 1º a 6º ) foron a radio Voz durante o mes de outubro para gravar os fragmentos das súas obras. Acudiron como participantes 352 alumnos/as de 14 centros da comarca. Gustaríanos felicitar a todos eses nenos e nenas e aos seus centros pola súa ilusión e participación.
Chegaron á final 7 grupos, 4 na categorías de EI e EP e 3 na categoría de secundaria. As nosas nenas e nenos de 1º de EP chegaron á final! Co grupo dos golfiños e coa obra "O peixe de ouro". Esta final celebrouse o pasado domingo 10 de novembro de 2019 no Pazo da cultura de Carballo e quedaron no terceiro posto, NORABOA !!! Animamos a todo o alumnado a seguir participando neste concurso e en moitos outros que fomenten os valores, a lectura e o teatro. As obras do noso cole tamén foron gravadas en CanosaOnda. Nos próximos días estarán subidos ao noso canal de radio estas gravacións. En Radio Voz emitiranse entre o día 11 e o 13 de novembro e entre o 18 e o 21 de novembro.
Podedes ver a nova do xornal picando na seguinte imaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.