14 de nov. de 2019

COMEZAN AS NAIS E PAIS DE CONTO EN LEOTECA!

Hoxe comezamos en Leoteca unha das actividades que levamos a cabo dende os últimos cursos con gran ilusión : "Nais e pais de conto". Esta actividade consiste en que as nais, pais ou familiares voluntarios que o desexen,  poden vir ao colexio durante á hora de ler a contarlle un conto a diferentes grupos co seu fillo/a . Este mes de novembro os contos estarán dedicados a coeducación , traballando a igualdade e a non violencia dende a abordaxe de diferentes historias. 
Hoxe comezamos por unha historia de superación e loita polos dereitos das nenas e das mulleres  na educación. Esta  historia é a de Malala , a pesroa máis xove da historia en recibir un Premio Nobel da Paz  pola sua traxectoria e gran labor como activista.
Queremos agradecer a primeira nai de conto, Ivana, e tamén a Aldara por contarnos esta historia a 3º e 4º de EP. Moitas grazas!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...