Ola nenos/as, como xa sabedes estiven viaxando polo Universo, e sigo facendo algunha pequena saída, e nestas viaxes coñecín innumerables planetas, satélites, constelacións,... pero tamén me deu tempo a ler moitos libros que pedín prestados na Leoteca. Por este motivo gustaríame presentarvos un xogo no que poden participar os nenos/as de Educación Primaria e que consistirá en que cada semana aparecerá neste blogue unha imaxe dun libro que está na nosa biblioteca e dúas preguntas referidas a dita imaxe. En realidade aparecerán dúas imaxes, unha para o 1º ciclo e outra para o 2º ciclo de E.P.
30 de xan. de 2015
29 de xan. de 2015
DÍA DA PAZ: 30 DE XANEIRO
Feliz día da Paz!
O 30 de xaneiro de cada ano celébrase o día da Paz, día que debemos ter presente todo o ano. Este ano gustaríanos mencionar á rapaza que foi Premio Nobel da Paz, MalalaYousafzai, xa que é un exemplo de valentía e fortaleza para tod@s. Defende o dereito á educación para os nen@s por enrima de toas as cousas, utilizando sempre o respeto e a palabra, nun entorno moi complicado, pero ela non se rinde, e aos seus 17 anos é unha loitadora. Grazas Malala!
Para celebralo deixamos uns vídeos e contos sobre o respeto, a empatía e a paz. Esperamos que vos gusten moito os seguintes vídeos, e disfrutade moito este día e todos!
Pica enriba de cada enlace!
28 de xan. de 2015
Sesión de contos con música para Educación Infantil
Ola a todos e todas!
O vindeiro venres 30 de xaneiro Leoteca ten unha sorpresa moi especial:os nenos e nenas de Educación Infantil, a 3º hora da mañá, disfrutarán dunha sesión de contos musical na biblioteca do centro. Esta sesión de contos será da man da editorial Kalandraka.
O libro Sacapenas será o punto de partida da actividade. Bieito, o seu protagonista, guiará a sesión e nos convidará a achegarnos a outras historias divertidas e emocionantes.
Se queredes saber máis sobre este libro, pincha nesta imaxe.
26 de xan. de 2015
3º investiga e comparte
Os nenos/as de 3º curso e o seu titor Miguel investigaron sobre o sistema solar e preguntaron ao astrónomo que nos visitou numerosas cuestións sobre el.
A continuación vos presentamos un vídeo sobre o movemento do sistema solar que atoparon na súa investigación, tamén incorporamos referencias e sitios web onde ampliar a información.
14 de xan. de 2015
Lewis Carroll e máis novidades
Hoxe conmemórase a morte de Charles Lutwidge Dogson, máis coñecido como Lewis Carroll, matemático e escritor, coñecido principalmente por dúas das súas obras "Alicia no país das marabillas" e "Alicia a través do espello".
Aproveitamos a ocasión para presentarvos algunha das novidades presentes na biblioteca e relacionado con este autor temos a obra premiada no 2014, e comentada neste blogue, "Prohibido ler a Lewis Carroll" de Diego Arboleda e Raúl Sagospe como ilustrador.
13 de xan. de 2015
Astronomía na biblioteca
![]() |
| Telescope by Rinotova Openclipart Licenza DP |
Ola nenos e nenas, da última viaxe que fixen polos confíns do Universo trouxen comigo a un amigo que é astrónomo, que se chama Pedro Pablo Campo. Actualmente traballa no Observatorio Astronómico Ramón María Aller, adscrito á Universidade de Santiago de Compostela, e acudirá á nosa biblioteca o próximo mércores 14 de xaneiro para axudarnos a coñecer máis sobre o noso sistema solar e sobre a que se dedican os astrónomos/as, tamén poderedes facerlle preguntas sobre as dúbidas que vos xurdiron durante a investigación que estivemos realizando, e outras curiosidades que teñades sobre o tema.
9 de dec. de 2014
Rus entre planetas
Ola nenos/as, como xa saberedes comezamos o noso proxecto "Rus entre planetas". Para que podades investigar sobre todo o relacionado co espazo deixámosvos este cartel dixital no que podederes ir picando nas diferentes imaxes, que vos dirixirán a diferentes páxinas web con información, imaxes, vídeos e actividades para que aprendades sobre a temática e para que vos xurdan novas dúbidas que iremos tentando solucionar.
21 de nov. de 2014
Temos un novo inquilino... Tom Gates
![]() |
| The Brilliant world of Tom Gates by Vernon Barford school Licenza CC BY-NC-SA |
Ola rapaces/zas temos novidades na vosa biblioteca, que vos iremos desvelando ao longo destes meses, queremos comezar con esta personaxe chamada Tom Gates, que é un neno enxeñoso, máis ben traveso e con moita, moita imaxinación.
3 de nov. de 2014
Despois dunha viaxe polo espazo xa estou de volta
Ola nenas e nenos, como xa sabedes estiven polo espazo descubrindo cousas moi interesantes! Non tedes curiosidade por saber o que podedes atopar cando mirades ao ceo? Pois nesta páxina web atoparedes esas dúbidas. Clicando en cada planeta amósavos unha pequena descrición e explicación, incluso podedes atrasar ou adiantar o tempo para observar como se desprazan os planetas o redor do sol! Recoméndovos que descubrades todo o que nos rodea gracias a esta páxina! Xa me contaredes se vos gusta! Ata a próxima amig@s!
http://www.solarsystemscope.com/
http://www.solarsystemscope.com/
![]() |
| Captura de pantalla de www.solarsystemscope.com |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








