12 de nov. de 2019

ESTAMOS DE NORABOA CO TEATRO LIDO !

Un ano máis as nenas e nenos do noso cole participaron no concurso "Xose Manuel Eirís" de Teatro Lido do concello de Carballo. Os sete grupos de EP ( de 1º a 6º ) foron a radio Voz durante o  mes de outubro para  gravar os fragmentos das súas obras. Acudiron como participantes 352 alumnos/as de 14 centros da comarca. Gustaríanos felicitar a todos eses nenos e nenas e aos seus centros pola súa ilusión e participación. 
Chegaron á final 7 grupos, 4 na categorías de EI e EP e 3 na categoría de secundaria. As nosas nenas e nenos de 1º de EP chegaron á final! Co grupo dos golfiños e coa obra "O peixe de ouro". Esta final celebrouse o pasado domingo 10 de novembro de 2019 no Pazo da cultura de Carballo e quedaron no terceiro posto, NORABOA !!!  Animamos a todo o alumnado a seguir participando neste concurso e en moitos outros que fomenten os valores,  a lectura e o teatro. As obras do noso cole tamén foron gravadas en CanosaOnda. Nos próximos días estarán subidos ao noso canal de radio estas gravacións. En Radio Voz emitiranse entre o día 11 e o 13 de novembro e entre o 18 e o 21 de novembro.
            Podedes ver a nova do xornal picando na seguinte imaxe.

Resultado de imaxes para imagen la voz de galiciaq




2 de nov. de 2019

AS MOCHILAS VIAXEIRAS TEÑEN UNHA NOVA MISIÓN!

Ola nenos e nenas!Son Leoteca!
Como xa saberedes, este curso as mochilas viaxeiras teñen unha nova misión grazas ao PDI “Amar o mar”. Na carpeta que levades tedes unha folla en branco para cada un para escribir unha receita sobre o mar. Podedes preguntarlle as vosas familias, elixir aquelas receitas que tanto vos gustan e que vos gustaría compartir cos vosos compañeiros/as. Despois dende o equipo de cociña elixirán un, dous ou os tres pratos para servir como menú especial de fin de mes e publicaremos aquí, no meu blogue , as recitas gañadoras.
Este mes de outubro os gañadores foron os seguintes:
1º prato. Aritz de 3º B coa sopa de peixe
2º prato: Diego B. De 4º EP co bacallau con pasas.
Mención especial: Golfiños do mar.


E este foi o resultado, estaba todo riquísimo! Moitas grazas as nosas cociñeiras por embarcarse con nós nesta nova aventura!


Gustaríanos dar as grazas tamén  a estes nenos e a todos os que xa participaron e animarvos a seguir así, e a valorar  a importancia do peixe  na nosa dieta !



   









QUEN DIXO MEDO?


Damos por finalizado a semana de medo na biblioteca. As exposicións de libros de terror, os contos que contaron os nenos e nenas a outros grupos, o deseño de pantasmas coa impresora 3D, exposicións de cabazas organizado pola ANPA, cabazas en realidade aumentada... foron as actividades que a nosa biblioteca decidiu facer para que fose un pouco máis terrorífica. Ah!! e de menú, no noso comedor escolar,  houbo un xantar moi especial elexido entre os menús das mochilas viaxeiras!
















E tivemos un postre moi especial!
















27 de out. de 2019

SALVANDO A AQUAMAN.-


 Os nenos de quinto están a resolver unha serie de pistas para salvar a AQUAMAN, o heroe do mar. O segundo reto era buscar palabras que definan o mar, deseñalas en TINKERDCARD, convencer a uns nenos para axudarlle a decoralas e subilas a rede. Aquí esta a proba de que o reto esta superado.



365 DÍAS DE BIBLIOTECA.



 Facer esta entrada supón reflexionar sobre as bibliotecas. Nós non celebramos o día da biblioteca en si posto que sempre hai actividadades novidosas na biblioteca: contacontos de familias, o comezo do PDI " Amar o Mar", sesións simultáneas e actividades internivel na biblioteca, sesións de cine, teatro lido e gravacións na radio nosa e en radio Voz, novidades de libros, recomendacións lectoras, investigación , manipulación no  noso espazo Feito con Xeito... Aínda así podemos recalcar un puñado de actividades:




  • Booktoubers en 5º ( recomenda sobre todo cómic).


      • Lecturas de obras de teatro en RADIO VOZ. ( a meirande parte relacionadas co PDI Amar o Mar).
      • Apertura do noso Feito con Xeito. Este ano os recunchos levan nomes de océanicas. Os pícaros e pícaras fixeron actividades como:  montar un cubo, un tiburón, xogar a distintos xogos de mesa, montar circuitos eléctricos...










      • Os nenos de infantil acudiron a biblioteca Rego da Balsa para desfrutar duns contos máis que divertidos.


      16 de out. de 2019

      Saída do PDI Amar o Mar

      Boas !
      Hoxe os nenos/as de 3ºA, 3º B e 4º de EP puideron desfrutar dunha saída relacionada co PDI Amar o mar. Foron aos seguintes lugares:
       





    • Cetárea de  Caión.


      •            









        E contamos ca compañía de Evaristo, un mestre que coñece moi ben toda esta zona e explicounos cousas moi interesantes e ao que lle queremos agradecer a súa compañía no día de hoxe.
        Tamén gustaríanos agradecer ao colexio de Razo a súa hospitalidade, xa que puidemos comer no seu pavillón. Foi un día moi especial no que comezamos a nosa andanza polo mundo do mar. Podedes ver un pequeno vídeo a continuación. 



        1 de out. de 2019

        COMEZA AMAR O MAR



        Hoxe chegou as aulas, non sabemos como, unha rede cos obxectos realacionados co mar, un conto retransmitido pola nosa canle LEORUS e unha carta de Leoteca invitando a investigar. Estamos desexar o que queren aprender os nenos sobre o PDI.



        CARTA DE LEOTECA AMAR O MAR











        30 de set. de 2019

        AMAR O MAR!!!


        PÍDOVOS QUE ESCOITEDES CON MOITA ATENCIÓN A SEGUINTE HISTORIA.  CANDO REMATEDES DE ESCOITALA DAREMOS COMEZO O NOVO PDI: AMAR O MAR.



        ABRIMOS AS PORTAS DE LEOTECA.-

        Hoxe foi un día moi especial. Leoteca abriu as súas portas. Son moitas as sorpresas que recibimos: contáronnos unha lenda sobre Andres de Teixido onde os caracois tiñan un protagonismo moi importante, aos máis pequenos visitounos Casilda, a curmá de Leoteca xunto cuns animaliños do mar... e no recreo os nenos estaban impacientes por coller libros.



        28 de set. de 2019

        FORMACIÓN USUARIOS BIBLIOTECA!



        Esta semana na biblioteca xa empezou o movemento. Os nenos e nenas de quinto e sexto explícaronlle aos demais cursos que deben facer para que a biblioteca funcione correctamente. Ademais xa se elaboraron os carteis para que non se nos olvide que este luns reabre a biblioteca. Por último, decir que este ano eu, Leoteca, deixei unha mensaxe para que todo o alumnado coñecese por fin a miña voz. Abrímosche as portas á biblioteca curso 2.019/2.020.







        Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...