10 de out. de 2015

Investigamos e aprendemos sobre os dinosauros

A biblioteca acolleu o venres as actividades de inauguración nas que tiveron oco o teatro e diversos obradoiros nos que os nenos/as, ademais de investigar e aprender sobre os dinosauros, xogaron a ser paleontólogos, resolveron puzzles e tamén crearon sinalizadores para a biblioteca. Aproveitamos estas actividades para introducir e relizar a motivación do proyecto DinosauRus, que estará adicado aos dinosauros.
A continuación algunhas imaxes de distintos momentos da xornada.
Leoteca deixou nas aulas un ovo de dinosauro que trouxo dunhas das súas viaxes ao pasado, como estaba conxelado cada clase tivo que investigar e propoñer ideas para sacar ao pequeno dinosauro do seu ovo.
A xornada na biblioteca comezou coa obra de teatro DRAGOSAURUS, que interpretaron os nenos/as de 6º de E.P. para o alumnado de Educación Infantil e 1º, polos aplausos que recibiron cremos que o fixeron moi ben, foi unha recompensa aos ensaios que realizaron. Parabéns!!!

Despois do recreo tocoulle aos nenos/as de Educación Infantil e aos nenos/as de 1º de E.P. participar no obradoiro "CREANDO FÓSILES" onde explicaron o que sabían sobre os dinosauros e tamén fixeron o seu propio fósil de dinosauro.


Pola tarde as clases de 2º e 3º E.P. recortaron as pezas e montaron os seu propios dinosauros, lembrade que estes xogos quedan na biblioteca a disposición de todo o colexio para poder pasar un intre divertido.

Por último pasaron pola biblioteca as aulas de 4º, 5º e 6º de E.P. na que aprenderon características dalgún dinosauro e recortaron os sinalizadores coas diferentes especies vistas e que serán utilizados ao longo do curso para marcar a posición dos libros que consultamos ou lemos na biblioteca.

Cal foi a actividade que máis os gustou?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...