22 de out. de 2015

Día da biblioteca

O próximo sábado 24 de outubro será o Día da Biblioteca, e Leoteca non quere pasar ese día sen unha felicitación. Con este motivo mañá venres 23 os nenos/as do CEIP Canosa-Rus farán a súa homenaxe a este espazo tan importante no centro, que alberga grandes tesouros, estimula a nosa imaxinación e nos axuda na nosa aprendizaxe a través de todo o coñecemento que alberga.
Pero non vos esquezades que a mellor maneira de homenaxeala é mantela viva, chea de lectores/as que acotío utilicen os seus recursos.

Durante este curso o lema das Bibliotecas escolares de Galicia é "Biblioteca escolar, base de exploracións", para ilustrar esta entrada puxemos o cartel elaborado polo ilustrador galego Fran Bueno. Nós pola nosa parte seguiremos utilizando á Leoteca como base das nosas investigacións.
Esta celebración foi promovida no ano 1997 pola Asociación Española de Amigos del libro Infantil y Juvenil, xunto co Ministerio de Educación, Cultura e Deporte co obxectivo de "concienciar á sociedade da importancia da lectura e como homenaxe e recoñecemento ao labor dos bibliotecarios/as." Tamén como recordo do incendio da Biblioteca de Saraxevo durante o conflito dos Balcáns.
Anímate a felicitar a Leoteca a través dun comentario!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...