30 de out. de 2014

Lecturas do Samaín

Fonte: Wikimedia
Licenza: CC BY (atribución)
Como xa sabedes nesta época do Samaín todo o relacionado co medo está de moda, por iso, como bruxa que son, quero recomendarvos unhas lecturas que están na nosa Leoteca para que non queirades apagar a luz pola noite, pero non por medo, senón porque non podedes parar de ler.


Educación Infantil

© OQO. Reservados todos os dereitos.
CORRE CORRE, CALABAZA
Corre corre, calabaza é un conto portugués que conta a historia dunha señora que vai camiño da voda da súa neta, durante o recorrido atópase cun lobo, un oso e un león que queren comela,...

© Ed. Juventud. Reservados todos os dereitos.
MONSTRUO ¡SÉ BUENO!
Educar a un monstro é posible? con este libro podemos intentalo, atrevédesvos?






1º ciclo E.P.


O MONSTRO DO ARMARIO
© Baía edicións 2011

O monstro fíxose maior e ten que buscar unha nova casa, conseguirá atopala?




A CASA DA MIÑA AVÓA
© OQO. Reservados todos os dereitos.
Inquietante historia dunha nena que ten que ir a casa da súa avóa a recoller a tarta do seu aniversario, polo camiño unhas personaxes sinalarana...






LA BRUJA RECHINADIENTES
© OQO. Reservados todos os dereitos.

No medio do bosque vive unha bruxa con dentes de ferro, pese a que a nai advirte aos seu fillos que non vaian, os nenos desobedecen e terán que enfrontarse coa malvada bruxa...





© Ed. Destino.
2º ciclo


HALLOWEEN... ¡QUÉ MIEDO!
Nesta entrega de Gerónimo Stilton desvelará como coñeceu a súa noiva Tenebrosa Tenebrax, e a carrerira contra o reloxo para escribir un libro sobre Halloween.





LA CASA EMBRUJADA

© Ed. Montena



Na entrega 14 o morcego Bat Pat nos conta outra das súas aventuras, que discorrerá nunha casa embruxada.




3º ciclo


EL GRAN LIBRO DE LOS VAMPIROS
© Ed. Parramón.



Libro que recolle 13 historias escritas a partir dos grandes clásicos do xénero.





EL GRAN LIBRO DE LAS BRUJAS
© Ed. Parramón.




Libro que recolle 13 historias adaptadas doutros contos e lendas sobre as bruxas.






MAP IN THE MISTERY MACHINE
© Ed. Laberinto

Nova aventura en inglés de Scooby e os seus amigos, onde despois de atopar un vello mapa se lles aparecen fantasmas, pizzas e tesouros, de novo terán que traballar en equipo para resolver este misterio.












Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...