Cartel Bibliotecas Escolares 2014 Fonte: Blogue bibliotecas escolares Licenza © David Pintor - Xunta de Galicia |
Ola,
olita! Que tal o pasastes coa miña neta Trastupita? Xa vedes que eu
ando algo desaparecida pero … de vez en cando teño que aparecer e
contarvos algunha nova. Estes días estou moi atarefada posto que o vindeiro 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca Escolar que este ano relacionarémolo coas Matemáticas.
O lema é: Biblioteca escolar... matemático!!! Con isto quero destacar o papel imprescindible da biblioteca escolar e, ao tempo, lembrarvos a necesidade de espertar o interese polas matemáticas, achegándovos a elas de forma natural e incitando a descubrir a súa presenza na natureza e nos obxectos que nos rodean.
Este ano estou
interesada en que coñezades o Espazo pero tamén que celebredes este
día. Por iso vos deixo tres enlaces de contos que traballan o Cosmos e relaciónano cos números e coas matemáticas no noso blogue:
Déixovos
uns pouquiños contos máis, que aínda que non teñen relación coas
planetas, si o teñen coas matemáticas, e a verdade é que están “guais”.
Teño que pedir disculpas porque algún pasoumo a miñá curmá Pantufla que
vive en América e algunhas palabras, aínda que pouquísimas, non son coma
as nosas. Espero que vos gusten!!
Infantil
e Primeiro ciclo:
Segundo
e terceiro ciclo:
ANIMÁDEVOS A VISITARME E NON VOS ESQUEZADES DE ENTRAR NO BLOG NESTE DÍA TAN ESPECIAL PARA AS BIBLIOTECAS ESCOLARES.
LEOTECA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.