28 de out. de 2016
26 de out. de 2016
Visitamos a BPM "Rego da Balsa"
24 de out. de 2016
Feliz Día da biblioteca!!
Hoxe estamos de festa por partida dobre, por un lado abrimos a nosa biblioteca para que a visitedes nos recreos, por outro tamén celebramos o Día da Biblioteca. Por este motivo e utilizando o pregón de Ledicia Costas para este día os nenos/as de 4º de E.P. realizaron un vídeo co que tamén aproveitamos para dar o pistoletazo de saída ao Proxecto Documental Integrado "De espectadores a protagonistas" que estará adicado ao cine.
Etiquetas:
biblioteca,
celebracións,
De espectadores a protagonistas,
homenaxe,
vídeo
22 de out. de 2016
E.A.L., pero isto que é?
![]() |
| BY Peggy_Marco Licenza CC0 DP |
O E.A.L. son os nenos/as de 5º e 6º de E.P. que forman parte do Equipo de Axudantes de Leoteca. Estes alumnos/as voluntarios encárganse de xestionar a biblioteca nos recreos da mañá, realizando diversas funcións con autonomía. Cada día un grupo de nenos/as repártense as diferentes zonas existentes na biblioteca. Durante este curso cada grupo terá o nome dun autor/a emblemático da literatura infantil.
Cada un del/as asinou un compromiso que ten unhas contrapartidas pactadas.
Cada un del/as asinou un compromiso que ten unhas contrapartidas pactadas.
Etiquetas:
audioteca,
biblioteca,
E.A.L.,
formación de usuarios
20 de out. de 2016
Mochilas listas!
![]() | ||
| BY ArtsyBee Licenza CC0 DP |
Mañá sairán por primeira vez durante o curso as mochilas viaxeiras, iniciando un recorrido polas casas de todas as familias que durará ata o mes de maio.
Etiquetas:
biblioteca,
familia,
lectura,
mochila viaxeira
15 de out. de 2016
Coñece o fogar de Leoteca
Durante esta semana os nenos/as de 6º de E.P. pertencentes ao Equipo de Axudantes de Leoteca (E.A.L.) explicarán ás aulas a organización e funcionamento da biblioteca. As sesións desenvolveranse no propio fogar de Leoteca.
Nesta entrada poderedes consultar o documento no que se explican os aspectos básicos. Se tedes algunha dúbida poderedes solucionalas nestas xornadas de coñecemento da biblioteca.
Nesta entrada poderedes consultar o documento no que se explican os aspectos básicos. Se tedes algunha dúbida poderedes solucionalas nestas xornadas de coñecemento da biblioteca.
11 de out. de 2016
Montamos os escornabots

Durante estas semanas estivemos tamén traballando cos escornabots nas aulas e a continuación deixámosvos varios titoriais de montaxe.
Como punto de saída os nenos/as crearon unhas mans robóticas coas que, ademais de coller pequenos obxectos, tamén aproveitaron para darlle algún susto aos seus familiares.
"De espectadores a protagonistas"
Xa temos data para a apertura da biblioteca, e preparádevos, porque será o 24 de outubro, que ademais é o Día da Biblioteca. Estamos organizando diferentes actividades para conmemorar este día e tamén para dar o pistoletazo de saída ao proxecto deste curso adicado ao cine e que xa ten nome "De espectadores a protagonistas".
Etiquetas:
actualidade,
biblioteca,
celebracións,
De espectadores a protagonistas,
PDI
5 de out. de 2016
Aprendemos sobre os libros electrónicos
Este curso introducimos desde a biblioteca os libros electrónicos, que como ben sabedes son uns dispositivos de menor tamaño e peso que algúns libros, polo que pode transportarse con facilidade, e que serven para almacenar milleiros de libros, o que nos permitirá ler en calquer lugar sempre que queiramos. Non pretendemos substituir ao libro tradicional, senón que queremos facilitar outro medio de lectura, ademais de permitir o acceso a este tipo de recurso a todo o alumnado de primaria do centro.
Etiquetas:
actualidade,
lectura,
libro electrónico
7 de set. de 2016
Leoteca está de volta!
Durante o mes de setembro prepararemos a biblioteca para desenvolver durante o curso as diversas actividades relacionadas coa lectura, co desenvolvemento do PDI sobre o cine, coa investigación e, sobre todo, acoller a toda a comunidade educativa nun espazo no que compartir e colaborar.
Durante este curso a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria escolleu como lema para este curso "Biblioteca escolar - Territorio de artes" co que se pretende visibilizar os produtos artísticos froito da creatividade humana. O cartel creado este curso po Minia Regos proponnos "un xogo de exploración e aventura". Nos carteis que hai no centro haberá sorpresas agachadas, animámosvos a investigar e a explorar de que se trata.
Queremos tamén facer unha lembranza a Agustín Fernández Paz, que faleceu o pasado 12 de xullo, gran referente da literatura infantil e xuvenil. Quédannos as súas obras, decanse en paz.
Estamos agardánvos!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)





