BY Peggy_Marco Licenza CC0 DP |
O E.A.L. son os nenos/as de 5º e 6º de E.P. que forman parte do Equipo de Axudantes de Leoteca. Estes alumnos/as voluntarios encárganse de xestionar a biblioteca nos recreos da mañá, realizando diversas funcións con autonomía. Cada día un grupo de nenos/as repártense as diferentes zonas existentes na biblioteca. Durante este curso cada grupo terá o nome dun autor/a emblemático da literatura infantil.
Cada un del/as asinou un compromiso que ten unhas contrapartidas pactadas.
Cada un del/as asinou un compromiso que ten unhas contrapartidas pactadas.
As funcións que desempeñan son as seguintes:
Zona de empréstito: o alumnado encárgase dos préstamos e devolucións dos fondos da biblioteca.
Zona de prelectores: acompañan aos máis pequenos na súa incorporación á biblioteca léndolles contos, dramatizando...
Zona de ordenadores: axudan na utilización destas ferramentas de traballo e aseguran o respecto das normas de uso.
Audioteca: explican e asesoran aos nenos/as na utilización deste espazo e procuran discos no caso de necesitalo.
Zona de devolucións: manteñen ordenados os andeis da biblioteca e colocan os libros das devolucións no seu lugar, ademais de recomendar lecturas a aqueles nenos/as que o soliciten.
No seguinte documento consultaredes os grupos e o calendario ata o mes de decembro.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.