Este curso introducimos desde a biblioteca os libros electrónicos, que como ben sabedes son uns dispositivos de menor tamaño e peso que algúns libros, polo que pode transportarse con facilidade, e que serven para almacenar milleiros de libros, o que nos permitirá ler en calquer lugar sempre que queiramos. Non pretendemos substituir ao libro tradicional, senón que queremos facilitar outro medio de lectura, ademais de permitir o acceso a este tipo de recurso a todo o alumnado de primaria do centro.
Elaboramos unha pequena guía para aprender a usar este dispositivo mediante un libro LIM ao que podedes acceder desde esta entrada e posteriormente desde o enlace da columna da dereita.
Agardamos que vos gustará e xa saibades acceder aos recursos que proporciona o libro electrónico.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.