BY ArtsyBee Licenza CC0 DP |
Mañá sairán por primeira vez durante o curso as mochilas viaxeiras, iniciando un recorrido polas casas de todas as familias que durará ata o mes de maio.
O contido varía un pouco respecto a cursos pasados, xa que incluimos os lectores electrónicos, unha revista infantil, un libro de Carlos Casares (autor homenaxeado o día das Letras Galegas), ademais do libro con música, libro para pais/nais e o libro de ficción. Lembrade que tamén vai o caderno viaxeiro, no que podedes expresarvos libremente sobre o contido da mochila e ler o que deixaron os alumnos/as e as súas familias en cursos anteriores.
A continuación vos deixamos o calendario das viaxes da mochila coas datas de saída e de chegada á biblioteca dos nenos/as de Educación Primaria, as de Educación Infantil serán distribuídas desde as aulas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.