03/06/2016

Museo DinosauRus

Hoxe presentamos a exposición "Unha viaxe ao pasado" do museo DinosauRus ás familias dos nenos/as do CEIP Canosa-Rus.

Durante o percorrido as nais e pais puideron comprobar todo o que aprenderon sobre os dinosauros, pero tamén os avances que acadaron das competencias que compoñen o currículo. O centro e o protagonismo foi para o alumnado, xa que foron eles/as os que realizaron as explicacións, os que organizaron os diferentes materiais e produtos nas aulas e corredores, os que guiaron aos pais e nais durante a exposición, fixéronlles algunhas preguntas, pero tamén responderon as dúbidas que lles presentaron as visitas. Foi unha xornada longa, pero divertida.
En próximas entradas presentarémosvos as videografías de cada unha das aulas, algunhas imaxes e vídeos do percorrido coas explicacións dos nenos/as.
Este é o programa que se elaborou utilizando os planos que elaboraron nenos/as de 5º e 6º de E.P. nas clases de E.F. e o vídeo de "Como se fixo... DinosauRus".


 



Que vos pareceu a exposición? Que tal o pasastes?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...