O pasado mércores, día no que pechou a biblioteca nos recreos para preparala para o próximo curso, realizamos a entrega dos agasallos aos lectores que máis libros prestados levaron durante o curso.
Con esta iniciativa queremos fomentar que os nenos/as do noso centro leven prestados os libros que están á súa disposición na biblioteca.
Nesta ocasión os agasallados foron un neno de 2º de E.P. e outro neno de 5º de E.P.
Cada un deles conseguiu dous libros adaptados á súa idade e uns marcapáxinas.
Parabéns a ambos!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.