16 de xuño de 2016

Coñecendo aos escornabots

Os nenos/as de 5º de E.P. estiveron hoxe coñecendo aos escornabots, que se nos facilitaron desde o Proxecto piloto "Escornabots na biblioteca escolar", do que somos un dos 20 centros seleccionados de Galicia.
Aprenderon o seu funcionamento e algunha das posibilidades que ofrecen estes pequenos robots, aínda que quedaron un pouco desilusionados ao saber que os cálculos non os ía facer o robot, senón eles/as cos seus cerebros, foi unha xornada divertida na que xogaron coas matemáticas (operacións, medidas, orientación espacial, figuras xeométricas). Quedaron con ganas de máis e para o próximo curso todo o centro estará traballando cos escornabots.
Estiveron organizados en catro grupos que foron rotando por diferentes espazos, nos que desenvolvían diferentes tarefas:
  • Trazar un percorrido e retar aos compañeiros/as a completalo co escornabot.
  • Realizar operacións matemáticas e retar aos compañeiros/as a sinalar o resultado co escornabot.
  • Trazar un percorrido nun folio tamaño A3 respectando as medidas de 10cm. e xiros de 90º.
  • Recortar as pallas cun tamaño de 10cm. e trazar un percorrido.


Tamén viron este vídeo no que dous escornabots bailan un valse vienés.


Para coñecer outras actividades que se poden realizar co escornabot recomendamos o blogue da Biblioteca da EEI Barrionovo (Arteixo) onde son pioneiras no traballo cos nenos/as e os robots.
Manterémosvos informados/as. Gústavos esta iniciativa?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...