Colocastes escritores e escritoras nas mesas para saber onde sentar.
Ledes contos na radio e facedes outros programas!! Aínda que teña que ser con máscara.
Empezastes a encender a impresora 3D.
Teletransportádevos ata Texas para disfrutar dun científico que nos explica como está a investigar o COVID.
Seguides lendo e investigando.
Mandádesme correos dándome as grazas ou pedíndome libros.
Grazas por facerme sentir viva, LEOTECA.
E para celebrar un día tan especial coma o de hoxe, temos connosco a que foui unha das miñas contacontos favoritas durante o confinamento, Erica González! Hoxe traenos unha historia moi bonita: Edmundo, el ladrón de segundos, en "De tal cuento, tal astilla"
Gracias Erica por tantos momentos máxicos compartidos cons nenos e nenas do CEIP Canosa-Rus!
Neste ano tan complicado non deixei de matinar como achegarvos a lectura. Na carta que vos chegou as aulas explico que este ano a biblioteca vai ser distinta pero non menos especial. Igual que nos patios, nas aulas e no comedor todo mudou, na miña casa tamén . Non quero que vos poñades tristes posto que podedes estar en contacto comigo escribindo o meu correo, leoteca@ceipcanosarus.net, para transmitirme todas as ideas que desexedes. O outro día chegouvos un anaquiño dese lugar tan especial que temos no colexio. Neses estantes selecionei con todo agarimo libros que sei que vos van encantar. Esta foi a primeira das moitas sorpresas que recibiredes. Pronto teredes novas miñas. Non olvidedes" se queredes aventura lánzate a lectura". Aquí tedes un vídeo recordando a gran acollida que tiveron os libros nas aulas. Un abrazo enorme.LEOTECA.
Ola a todas e todos!
Hai moitos contos novos no canal " De tal cuento, tal astilla", narrados por Erica González, queredes velos?
Estade moi atentas e atentos e que desfrutedes moito destas historias!
Coa intención , por unha banda ,de seguir mellorando desde a biblioteca escolar e por outra, coller folgos para o vindeiro ano , agradecemos que cumplimentedes a seguinte enquisa. Soamente debedes entrar na que se corresponda ao voso perfil ( familia, neno ou nena de 4º,5º e 6º, ou mestre) e dárlle a enviar. Agradecemos que empleedes un anaquiño do voso tempo para responder a enquisa.
Hoxe escribo para contarvos o orgullosa
que me sinto e todos vós! Acaba de caer nas miñas mans o vídeo que ides a ver a
continuación. Nel aparecen moitos dos vosos traballos elaborados tanto para o
PDI “Amar o mar” como para as Letras Galegas. Sobre todo está centrado na banda deseñada
(cómics ) , debuxos, poesías e caricaturas do autor homenaxeado, Ricardo
Carballo Calero. E ademais este vídeo ten uns presentadores moi especiais!
Mirade, mirade...
No seguinte enlace podedes entrar no blog do Equipo de dinamización da
Lingua Galega do cole, “Vente Vindo” e atoparedes máis traballos vosos. Ao
longo dosdías aínda aparecerán máis.
De verdade que estou impresionada co que traballades nenas e nenos do CEIP
Canosa-Rus! Bótovos moitísimo de menos, pero xa queda un chisquiño menos para vernos,
seguide así e moitas gracias por todo o voso traballo! Espérovos coidando da
biblio do cole. Unha forte aperta. Leoteca.