11 de xul. de 2015

Disfrutade do verán!

O curso rematou e a biblioteca pechou as súas portas, pero xa estamos preparando o comezo do próximo e agardamos contar coa vosa colaboración para vivir novas aventuras a través da lectura.
Para o vindeiro curso escollestes aprender moito máis dos dinosauros, polo que a partires de setembro acompañaremos esta aprendizaxe desde a biblioteca.
Aproveitade a tope o verán!

18 de xuño de 2015

Cuestionario avaliación Rus entre planetas

O proxecto Rus entre planetas chega ao seu fin. Necesitamos coñecer a opinión das familias, en canto a como se desenvolveu e como se viviu nas casas este período. Por este motivo enviamos as vosas casas este cuestionario, que podedes entregalo no Centro ou ben cubrilo nesta páxina e ao rematar enviar as respostas, se vos resulta máis sinxelo. Proximamente anunciaremos o tema a investigar o próximo curso, escollido pola maioría do alumnado do Centro.

15 de xuño de 2015

Vive un verán emocionante...

Leoteca está empezando a recoller e a prepararse para novas aventuras. Antes de irse quere deixarvos un consello: "Vivide un verán emocionante. Estas vacacións...Lede!" e tamén unhas cantas recomendacións organizadas para os diferentes cursos, para que durante o verán gocedes coa lectura.

13 de xuño de 2015

As mochilas chegan das viaxes

Todas as mochilas volveron das súas viaxes polas casas dos nenos/as do centro. A partires de agora estarán na biblioteca para que se poidan consultar, ata que volvan a comezar a ruta de novo o curso que ven, con novas aventuras e nova música. Durante o verán tamén podedes ver o que escribistes vós e os vosos compañeiros/as.

31 de maio de 2015

Fran Alonso visítanos virtualmente


O próximo mércores 3 de xuño Leoteca establecerá conexión co poeta galego Fran Alonso. Esta visita será a través de internet e os nenos/as de 2º ciclo de Educación Primaria faranlle algunhas preguntas que xa estiveron preparando cos seus titores/as.

25 de maio de 2015

Este é o noso Neptuno


Os nenos/as de 5º de Educación Infantil investigaron sobre o planeta Neptuno. Elaboraron un monográfico expoñendo aqueles aspectos que consideraron máis importantes, un vídeo no que nos explican aquelo que aprenderon sobre o último planeta do Sistema Solar e tamén escribiron nunha estrela aquela palabra que para eles/as definía mellor a Neptuno. Ao mesmo tempo realizaron o planeta que está no planetario da EXPO Rus entre planetas.

Este é o noso Urano


Os nenos/as de 4º de Educación Infantil investigaron sobre o planeta Urano. Elaboraron un monográfico expoñendo aqueles aspectos que consideraron máis importantes, un vídeo no que nos explican aquelo que aprenderon sobre este planeta gasoso, escribiron nunha estrela aquela palabra que para eles/as definía mellor a Urano e cantaron "A canción dos planetas". Ao mesmo tempo realizaron o planeta que está no planetario da EXPO Rus entre planetas.

Este é o noso Saturno


Os nenos/as de 5º de Educación Primaria investigaron sobre o planeta Saturno. Elaboraron un monográfico expoñendo aqueles aspectos que consideraron máis importantes, un vídeo no que nos explican aquelo que aprenderon sobre o rei dos aneis e tamén escribiron nunha estrela aquela palabra que para eles/as definía mellor a Saturno. Ao mesmo tempo realizaron o planeta que está no planetario da EXPO Rus entre planetas.

Este é o noso Xúpiter


Os nenos/as de 3º de Educación Primaria investigaron sobre o planeta Xúpiter. Elaboraron un monográfico expoñendo aqueles aspectos que consideraron máis importantes, un vídeo no que nos explican aquelo que aprenderon sobre o planeta máis grande do Sistema Solar e tamén escribiron nunha estrela aquela palabra que para eles/as definía mellor a Xúpiter. Ao mesmo tempo realizaron o planeta que está no planetario da EXPO Rus entre planetas.

Este é o noso Marte


Os nenos/as de 4º de Educación Primaria investigaron sobre o planeta Marte. Elaboraron un monográfico expoñendo aqueles aspectos que consideraron máis importantes, un vídeo no que nos explican aquelo que aprenderon sobre o planeta vermello, e tamén escribiron nunha estrela aquela palabra que para eles/as definía mellor a Marte. Ao mesmo tempo realizaron o planeta que está no planetario da EXPO Rus entre planetas.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...