20 de nov. de 2016

Recomendación de lectura no mes da ciencia

Como xa sabedes,durante o  mes de novembro a nosa Leoteca e as bibliotecas escolares celebran o mes das ciencias. Dende Leoteca querémoslle facer un guiño as mulleres científicas, centrándonos na vida de Marie Curie. A través do libro Marie Curie da editorial Alba coñeceremos a súa vida e os alumnos/as de 1º e 2º de EP farán unha dramatización  para todo o colexio, un martes , dentro do programa "Hoxe Lenos".

Título: Pequeña & Grande. Marie Curie.
Autora: Sánchez Vegara, Mª Isabel-Frau Isa
Editorial : Alba

"Marie Curie foi a primeira muller Doctora en Ciencias e profesora na Uiversidade de París, ademais e a primeira persoa na historia en recibir dous premios Nobel. Descubriu o radio e o polonio e desarrollou a teoría da radioactividade polo que está considerada a muller máis inspiradora da ciencia moderna."




18 de nov. de 2016

Momentos máxicos

Este venres volven as curtas á biblioteca cunha obra na que comprobaremos que sempre é mellor colaborar na procura dun obxectivo común, que traballar de xeito individual. Divertirédevos moito con esta curtametraxe de Disney - Pixar.

14 de nov. de 2016

Cantos contos!

A semana pasada comezou o programa "Hoxe lenos..." no que diferentes clases do centro contan historias, dramatizan... tendo como espectadores/as a outros grupos. A actividade desenvolverase durante o tempo de hora de ler dos martes.

11 de nov. de 2016

Para os paxaros

"Os venres son curt@s" programa esta semana unha curtametraxe que faranos reflexionar sobre o noso comportamento coas persoas que son diferentes nós. Un xeito divertido de comprobar que todos/as somos diferentes, pero que debemos respectarnos.

8 de nov. de 2016

Xela e os escornabot

A mestra Lucía de 1º de E.P. creou un taboleiro para traballar as emocións a través dos escornabot. Presentámosvos as instrucións e o taboleiro para que xoguedes e aprendades no recuncho "Faino ti mesmo".

7 de nov. de 2016

Que comece a función!


Vía Pixabay Licenza CC0 DP
Neste cartel atoparedes recursos para iniciar a vosa investigación sobre os diferentes aspectos relacionados co cine, dentro do PDI De espectadores a protagonistas.
Buscade no cartel para visitar os diferentes espazos web e os vídeos.

Novembro mes da ciencia en galego

Esta semana comezamos a celebración de "Novembro mes da ciencia en galego" coa exposición nos andeis situados na entrada de Educación Infantil e 1º-2º de E.P. dos escornabots e libros relacionados cos robots e as máquinas.

4 de nov. de 2016

Tempo parcialmente nubrado

Hoxe venres anúnciase tempo parcialmente nubrado na biblioteca, xa que dentro da actividade "Os venres son curt@s" esta semana programamos unha curtametraxe na que se promoven actitudes optimistas, o respecto polos diferentes puntos de vista, aprender a aceptar as características dos demais e as diferencias que poidan existir, entre outros.

31 de out. de 2016

Guía da biblioteca

Esta é a guía da biblioteca escolar, desde onde poderedes acceder ao plano da biblioteca, á clasificación dos fondos, á ubicación das diferentes zonas, así como ás normas xerais e ás particulares de cada recuncho.

28 de out. de 2016

Novidades setembro e outubro


Estas son as novidades da biblioteca dos meses de setembro e outubro.
Na sección de novidades poderedes consultar os novos fondos que se adquiran durante o curso.
Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...