O binomio fantástico é unha proposta do lingüista italiano Gianni Rodari e consiste no conxunto de dous elementos diferentes que teremos que relacionar para crear una composición conxunta.
Aproveitando que estamos traballando o mundo do mar e continuando cos obradoiros que estivemos facendo na escola con artista visual Pablo Otero, dende a Leoteca queremos propoñervos que elaboredes os vosos propios binomios fantásticos con materiais que teñades pola casa (refugallo, cousas que non utilicedes, etc.) para crear novas especies mariñas que viven nun novo océano imaxinario. Non deixedes de poñerlle un nome e contarnos cousiñas da súa vida diaria, onde vive, que come e demáis anécdotas que pensades que son interesantes para coñecer mellor esta especie do mar descoñecida ata o momento. Enviade as fotografías destas creacións o correo do colexio, estaremos encantadas e encantados de compartilas co resto da comunidade educativa polo blog. Aquí tedes algúns exemplos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.