O pasado 13 de febreiro, como xa saberedes, celebrouse o “ Día mundial da radio”. Este mesmo día tivemos a visita de tres compañeir@s do CEIP A Cristina, de 5º de EP e da súa mestra. Viñeron a gravar un programa de radio en CanosaOnda. Tres alumnas de 6º de EP, Sarai, Laura e Noa explicáronlles como funciona a nosa emisora e foron as presentadoras do programa especial de humor que podedes escoitar a continuación.
Cando remataron tamén puideron visitar Leoteca da man destas 3 nenas. Foi unha experiencia moi boa para tod@s. Damos as grazas aos compañeiros do CEIP A Cristina pola visita e as nenas de 6º polo boas anfitrionas que foron!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Un blog aliméntase dos teus comentarios, grazas por colaborar con nós.